Nome orixinal | (ang) Ecgberht |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | I milenio |
Morte | 873 |
Rei de Northumbria | |
867 – 872 ← Aelle de Northumbria – Ricsige de Northumbria → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Eadwulf II of Northumbria (en) , Ecgberht II of Northumbria (en) |
Pai | Aethelred II de Northumbria |
Ecgberht, finado en 873, foi rei de Northumbria a mediados do século IX.
A información sobre este período da historia de Northumbria é escasa e sabemos moi pouco de Ecgberht.
Aparece por primeira vez tras as mortes de Ælla e Osberht en batalla contra os viquingos do grande exército pagán en York o 21 de marzo de 867. Simeón de Durham rexistra:
Case todos os northumbrianos foron postos en fuga e destruídos, os dous reis mortos; os sobreviventes fixeron paces cos pagáns. Despois destes acontecementos, os pagáns nomearon a Ecgberht rei baixo o seu propio dominio; Ecgberht reinou seis anos, sobre os northumbrianos alén do Tyne[1].
Os historiadores supoñen que Ecgberht gobernou como recadador de impostos para o Grande exército e que pertencía a unha das moitas familias reais de Northumbria.[2] A seguinte información sobre Ecgberht é de 872:
Os northumbrianos expulsaron ao seu rei Ecgberht, e o seu arcebispo Wulfhere[3].
Finalmente, a morte de Ecgberht repórtase en 873, e cítase que o sucedeu Ricsige.
Reis de Northumbria | |
---|---|
Reis de Deira e Bernicia 604–642 | |
Reis de Northumbria 642–867 | |
Reis de Jórvik 867–954 |