Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VIII |
Morte | 799 |
Lugar de sepultura | Catedral de Iorque (pt) |
Rei de Northumbria | |
18 de abril de 796 – 14 de maio de 796 ← Aethelred I de Northumbria – Eardwulf de Northumbria → | |
Abade | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Osbald foi rei de Northumbria durante 796. Era amigo de Alcuíno, bispo de York que a miúdo o aconsellaba.
Osbald era un home violento e probabelmente un asasino. O 9 de xaneiro de 780, asasinou a Bearn, fillo de Ælfwald queimándoo en Selectune (posibelmente Silton, Yorkshire do norte)[1]. En 793 Alcuíno escribiu dúas cartas a Osbald instándoo para deixar o seu modo de vida extravagante. Criticaba o seu comportamento cobizoso, luxosas vestimentas e o seu corte de pelo pagán. Animábao a que se dedicase a Deus porque “o luxo en emperadores significa pobreza para as persoas”.
Osbald convertíase en rei de Northumbria en 796 mentres o país se disolvía na anarquía. Gobernou durante 27 días antes de ser abandonado pola casa real e o pobo. Exiliouse en Lindisfarne.
Pouco despois, Osbald navegou a Pictland cos seus compañeiros, onde foi acollido por Caustantín, rei dos pictos.
Osbald deu o seu nome a dous sitios ao redor da área de Northumbria:
Osbald morreu en 799 e foi enterrado en York Minster.
Reis de Northumbria | |
---|---|
Reis de Deira e Bernicia 604–642 | |
Reis de Northumbria 642–867 | |
Reis de Jórvik 867–954 |