Nome orixinal | (ang) Ricsige |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | I milenio |
Morte | 876 (Gregoriano) |
Rei de Northumbria | |
872 – 876 ← Ecgberht I de Northumbria – Ecgberht II of Northumbria (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Eadræd (?) (en) |
Ricsige foi un rei da Northumbria viquinga, chamada Jorvik, que gobernou despois de Ecgberht I ser deposto polo pobo no ano 873.
Como o seu antecesor, parece que Ricsigue foi un rei monicreque, malia que el pretendía ter plenas funcións[1]. Segundo a Crónica anglosaxoa era de orixe anglosaxoa, e foi nomeado polos membros do grande exército pagán que atacou York no ano 866. Mentres el quedaba controlando o territorio conquistado de Northumbria, Jorvik, Halfdan Ragnarsson avanzou para expandir o territorio cara ao sur. A continuación, puxo a Ecgberht II de Northumbria a gobernar as terras da antiga Bernicia, entre o río Tees e o río Forth. Mentres tanto, Halfdan conquistou Anglia Oriental e Mercia, onde se estableceu[2].
Roger de Wendover informa que Ricsige morreu de tristeza cando, por decisión de Halfdan Ragnarsson, houbo que dividir o reino entre eles dous: Ricsige no norte e Halfdan nos territorios conquistados, que chegaban ata a cidade de Londres[3][4].
Reis de Northumbria | |
---|---|
Reis de Deira e Bernicia 604–642 | |
Reis de Northumbria 642–867 | |
Reis de Jórvik 867–954 |