DPANN | |||||
---|---|---|---|---|---|
Parvarchaeum acidiphilum | |||||
Clasificación científica | |||||
| |||||
Filos[1] | |||||
|
DPANN é un superfilo de Archaea proposto en 2013.[2] Moitos membros mostran novos signos de transferencia horizontal de xenes desde outros dominios da vida.[2] Coñécense como nanoarqueas ou arqueas ultrapequenas debido ao seu menor tamaño (nanométrico) comparadas con outras arqueas.
DPANN é un acrónimo formado polas iniciais dos primeiros cinco grupos constituíntes descubertos, que son: Diapherotrites, Parvarchaeota, Aenigmarchaeota, Nanoarchaeota e Nanohaloarchaeota. Posteriormente descubríronse os Woesearchaeota e Pacearchaeota e propúxose incluílos no superfilo DPANN.[3] En 2017, outro filo chamado Altiarchaeota foi situado tamén dentro deste superfilo.[4] A monofilia de DPANN aínda non se considera firmemente establecida, debido á alta taxa de mutación dos filos incluídos, que pode orixinar artefactos da atracción das ramas longas, polos que as liñaxes son agrupadas basalmente ou artificialmente na base da árbore filoxenética sen estaren realmente relacionados.[5][6] Estas análises máis ben suxiren que DPANN pertence aos Euryarchaeota ou é polifilético ocupando varias posicións dentro de Euryarchaeota.[5][6][7]
O superfilo DPANN agrupa diferentes filos cunha variedade de distribucións ambientais e metabolismos, que van desde formas simbióticas e termófilas como Nanoarchaeota, acidófilas como Parvarchaeota, e non extremófilos como Aenigmarchaeota e Diapherotrites. Os DPANN tamén se detectaron en auga subterránea rica en nitratos, na superficie de auga pero non baixo a auga, o que indica que estes taxons son aínda bastante difíciles de localizar.[8]
Caracterízanse por ser organismos de moi pequeno tamaño comparados con outras arqueas, xa que teñen tamaños nanométricos, e posúen xenomas moi pequenos con capacidades catabólicas limitadas pero suficientes para teren unha vida libre, aínda que moitos son episimbiontes que dependen dunha asociación simbiótica ou parasítica con outros organismos. Moitas das súas características son similares ou análogas ás das bacterias ultrapequenas (grupo CPR).[3]
As súas capacidades metabólicas limitadas son produto do seu pequeno xenoma e reflíctense en que moitos carecen de vías biosintéticas centrais para nucleótidos, aminoácidos e lípidos; polo tanto, a maioría das arqueas DPANN, como as ARMAN, dependen doutros microbios para satisfacer as súas necesidades biolóxicas. Pero as que teñen o potencial de vivir libremente son heterótrofas fermentativas e aerobias.[3]
Son principalmente anerobias e non foron cultivadas. Viven en ambientes extremos como organismos termófilos, hiperacidófilos, hiperhalófilos ou resistentes a metais; ou tamén en ambientes temperados de sedimentos mariños ou lacustres. Raramente se atopan no solo ou no océano aberto.[3]
Tom A. Williams et al. 2017,[19] Castelle et al. 2015[3] e Dombrowski et al. 2020.[20] | Jordan et al. 2017[7] Cavalier-Smith2020[6] e Feng et al 2021.[21] | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
DPANN pode ser o primeiro clado diverxente das arqueas segundo algunhas análises filoxenéticas. Análises filoxenéticas recentes atoparon a seguinte filoxenia entre os filos.[3][19][20]
|
Outras análise filoxenéticas suxeriron que DPANN podía pertencer aos Euryarchaeota ou que podían mesmo ser polifiléticas ocupando diferentes posicións dentro de Euryarchaeota. Tamén se discute se o filo Altiarchaeota debería clasificarse en DPANN ou en Euryarchaeota.[20][5] Unha localización alternativa para DPANN na árbore filoxenética é a do cladograma seguinte .[7][6][21] Os grupos marcados entre comiñas son liñaxes que foron asignados a DPANN, pero que filoxeneticamente están afastados do resto.
|
A taxonomía actualmente aceptada está baseada na LPSN[22] e no NCBI.[23]
Filoxenia da GTDB (Genome Taxonomy Database) de "DPANN"[24][25][26] | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Superfilo "DPANN" Rinke et al. 2013
Wikispecies posúe unha páxina sobre: DPANN |