Encyclopedia of Life | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | banco de dados biológicos, páxina web, base de datos en liña e crowdsourcing |
Data de fundación | 2008 |
Na rede | |
https://eol.org | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Encyclopedia of Life (Enciclopedia da Vida), abreviadamente EOL é un proxecto de enciclopedia cooperativa en liña,[1][2] que ten como propósito construír unha enciclopedia que conteña un artigo para cada unha das especies de seres vivos existentes no planeta Terra.
Cada artigo poderá conter sons, vídeos, imaxes, gráficos e textos.[3]
Dispoñía inicialmente dun fondo de 50 millóns de dólares provenientes de cinco grandes institucións científicas, encabezadas pola Fundación McArthur.
A páxina web de Internet da enciclopedia contén información do proxecto, FAQs[4] e páxinas de demostración.[5]
O comité directivo do proxecto está composto por membros veteranos de:
O proxecto non permite achegas directas dos usuarios, como ocorre na Wikipedia.