Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Pois xa saes no mapa! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:34, 16 de novembro de 2012 (UTC)
Boas Javi, mira, na túa páxina de usuario tes unha caixa de usuario que pon que vives en Lalín pero resulta que esa caixa usa unha ligazón a un ficheiro que tiña o nome mal. Cando isto se produce o software mediawiki categoriza as páxinas de forma automática na categoría de mantenemento de Páxinas con ligazóns rotas. Esta categoría sírvenos para amañar todas as páxinas con ese erro que tódalas imaxes que se poñen nos artigos aparezan correctamente. Permitinme amañar o nome do ficheiro na tua páxina para que non este nesa categoría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2012 ás 11:37 (UTC)
Ola, JaviP96! Revisa o artigo que creaches de Françoise Hardy, porque escribiches repetidamente séu, acentuado no e, cando o correcto é seu, sen til. Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 23 de novembro de 2012 ás 22:18 (UTC)
Boas, mira, tiven que riscar os teus votos na páxina de propostas porque aínda non podes participar nas votacións da Galipedia, xa que polas normas de votación hai que levar rexistrado máis de 60 días :(. Dentro duns poucos días xa poderás votar en tódolos procesos, ata daquela terás que esperar. De tódolos xeitos moitas grazas pola túa participación e as túas colaboracións, e anímote a que sigas pendente desas propostas e que participes nelas todo o que vexas xa que toda axuda é benvida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 10:38 (UTC)
Pódela quitar por suposto :) De tódolos xeitos teño pensado seguir co artigo, o que pasa que esta tempada ando un pouco liado e non teño moito tempo. Un saúdo e bo traballo!--Adorian (fálame) 11 de decembro de 2012 ás 21:01 (UTC)
Feito! Un saúdo. --Beninho (conversa) 18 de decembro de 2012 ás 07:51 (UTC)
Boas JaviP96!! Non te pido que cambies o teu voto, non se trata de que me fagas caso, tal como están as cousas podes votar o que queras, o que pido é que se regularice algo o tema, se é necesario que as ligazóns estean en azul, que se poña nos requisitos, e que se non o é se acorde algo (pode ser que quede todo como está ou que se estableza que os votos sexan neutros). Non pido que me deas a razón (se o fas faino porque os meus argumentos te parecen lóxicos), o que pido é que se faga algo co tema. Piquito (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 19:03 (UTC)
E como ía saber eu que estabas a facer un artigo sobre Colorado Springs e por riba para inglés?? Sintoo se che causei algunha molestia. --AMPERIO (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 19:14 (UTC)
Boas tardes, vin que desfixeches a miña edición na que eliminaba unha foto na que aparecía un acto sexual de xeito explícito no artigo sobre o cinema pornográfico. Unha imaxe coma esa non debería ter cabida na galipedia ao mostrar escenas sexuais entre persoas (reais non debuxos como si aparece noutras wikis). Podes explicar o motivo da devandita desfeita? --95.125.93.130 18 de xaneiro de 2013 ás 15:30 (UTC)
Hello,
Many of the links at Acento prosódico confuse stress with regional accents. I'm correcting across 60 languages. A bot will finish up in the next couple days. Kwamikagami (conversa) 18 de xaneiro de 2013 ás 23:58 (UTC)
Estou por optar por unha versión que non conteña esas porcentaxes, porque despois de facer varias probas vexo que imos ter moitos problemas co tema das comas e puntos decimais. O problema que ten traer modelos doutra Wikipedia a esta é que cómpre un proceso de adaptación, que non sempre é sinxelo. Como digo, coido que o mellor é esquecer esa columna e deixar dúas: ano e poboación. Que pensas? --Toliño Fala aquí comigo 27 de xaneiro de 2013 ás 12:17 (UTC)
15.839
("quince mil oitocentos..."), ao pasarlle a función analítica ((formatnum:))
convértese en 15,839
(interpreta o punto como coma decimal e agora é "quince coma oitocentos...") e calcula mal as porcentaxes. Se todas as poboacións se poñen co formato 15839
(sen punto), temos que con ((formatnum:))
pasan a ser 15.839
. Non sei se entendes máis ou menos a explicación. O importante é que xa estaría solucionado o problema. Cómpre indicalo na documentación, para que non aparezan páxinas con erros. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 27 de xaneiro de 2013 ás 12:24 (UTC)Boas, entendo q haia cousas q esten prohibdas, pero se alguen fai algo como responsable desa asociacion ou colectivo ante unha modificacion debeselle comentar oe que esto esta mal, faino asi, non borralo e punto. Se non che gusta como esta rogoche non mo borres e me deas unhas directrices para cambialo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ivan villalon (conversa • contribucións) 1 de febreiro de 2013 ás 17:59
Gracias pola ultima aclaracion, eso e o q pedia, coido q e mais sinxelo q me digas como teño q polo q que eu me anoxe porq se borra e non saiba porq. Gracias —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ivan villalon (conversa • contribucións) 1 de febreiro de 2013 ás 18:06
Por certo, quero trocar os colores da camisola titular xa q estan invertidos e non sei como facelo, os do pantalon e as medias estan ben. Podesme explicar como facelo. Gracias —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ivan villalon (conversa • contribucións) 1 de febreiro de 2013 ás 18:15
Ok, e q son novo nisto--Ivan villalon (conversa) 1 de febreiro de 2013 ás 17:18 (UTC)
Gracias pola modificacion. Un saudo --Ivan villalon (conversa) 1 de febreiro de 2013 ás 17:25 (UTC)
Ok, non hai problema. Parabéns polo teu traballo e a seguir dándolle duro. --Breogan2008 (conversa) 2 de febreiro de 2013 ás 13:31 (UTC)
Grazas polas túas correccións no texto de Ricardo III. Penso que algúns dos hipervínculos introducidos, sen embargo, sobran. Coido que non ten ningún sentido introducir vínculos a termos comúns como exército e similares. É posible que quite algúns deses hipervínculos e corrixa algún coma o de Buckingham, que non leva ó sitio adecuado. Graciñas de novo. Estou a aprender--Breogan72 (conversa) 10 de febreiro de 2013 ás 19:02 (UTC)
Ola, Javi!
Os topónimos adoitan indicar o estado ou rexión ao que pertencen cando hai varios lugares co mesmo nome, por exemplo Granada, España; o ideal é que o topónimo non redirixa cara a un en concreto, senón que quede como páxina de homónimos, como o propio Granada. Dígoo polo movemento que fixeches do artigo Hialeah, que agora quedou como redirección a Hialeah, Florida. Porén, fixeches moi ben en mover Irvine (California) a Irvine, California, se ben Irvine debería quedar como páxina de homónimos en vez de redirixir ao artigo da cidade californiana.
Hai dúas excepcións a esta norma:
a) os topónimos de lugares e parroquias de Galicia, que van sempre con comas (por exemplo Covas, Tenorio, Cotobade, agás cando un lugar pertence a varios concellos, como Os Peares);
b) os nomes de concellos galegos non son páxinas de homónimos, senón artigos de seu; é por isto que existen artigos como Carballo (homónimos), Miño (homónimos) etc.
Aproveito que é a primeira vez que te saúdo para felicitarte, pois a pesar de que levas poucos meses colaborando, vas captando moi ben os formatos utilizados e entendes os criterios adoptados, ademais de dar moi boas explicacións a outros usuarios.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de febreiro de 2013 ás 11:36 (UTC)
Vale, pero se tal crea unha páxina de homónimos. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 12 de febreiro de 2013 ás 23:01 (UTC)
Grazas, xa a borrei. Hai uns marcadores especiais para sinalar que a imaxe ten ©, e se os empregas ((copyvio)) é máis fácil que non se nos despiste. un saudiño. --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de febreiro de 2013 ás 21:07 (UTC)
O modelo estaba configurado para que neses campos aparese "n/d" se non se daba valor para os parámetros. Abonda con quitar o código |nd
e facer outros pequenos cambios (basicamente estéticos) para resolver o problema. Por certo, vexo que hai outro parámetro, área_metropolitana
, que non sempre se usa. Fágoo tamén opcional? Sáudos! --Toliño Fala aquí comigo 16 de febreiro de 2013 ás 14:03 (UTC)
[[Ficheiro:nome.ext|300px|Pé de foto.]]
, o parámetro pé de foto
non se vai mostrar por debaixo da imaxe, senón que aparecerá como texto ao pasar o rato por riba da mesma. Se fago o cambio, tes que te comprometer a mudar o modelo en todas as páxinas. --Toliño Fala aquí comigo 25 de febreiro de 2013 ás 22:23 (UTC)
Boas Javi, vin a túa achega na listaxe do revisor ortográfico "oleo||óleo (é correcto como elemento de formación)." ¿Que queres dicir con que "é correcto como elemento de formación"? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2013 ás 23:35 (UTC)
Ola JaviP96, estou tratando de subir unha foto de Fran Allo para ilustrar a súa entrada pero seguramente fago algo mal, podes axudarme? A foto é orixinal de Alberto Uzal e enviouma por email para compartila sen problema. Non sei como facer. Moitas grazas.--Prensagalega (conversa) 21 de febreiro de 2013 ás 23:34 (UTC)
Javi,que artigo che tocou da wikipedia para inglés? Por saber... xD E que estou mirando o que me tocara a min, e vexo un montón de edicións túas, non me vai quedar case nada que ampliarlle!! xD Son Laura!! :) Unbico!
Grazas pola notificación. O problema é que o propio autor Víctor Campo pediume axuda para eliminar a páxina que fai referencia á súa persoa. Penso que está totalmente no seu dereito de facelo e o que quero saber é como se pode facelo rápidamente, agradecería pronta axuda. Grazas novamente --Mikethunder (conversa) 5 de marzo de 2013 ás 17:03 (UTC)
Boas, vas a achegarte a Santiago mañá? Se te achegas e queres vir despois a comer, ¿podes apuntarte na taberna para saber máis ou menos con cánta xente contamos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 14:15 (UTC)
Boas JaviP, sobre o portal de Historia vexo o meu modo de entender moi ben, tan soo que o meu modo de ver a cor azul agocha as ligazóns a 'artigo destacado', 'sobre Galicia', 'temas', imaxe do mes' e 'como colaborar' polo que penso que unha cor que deixase ver mellor esas cabeceiras estaria moito mellor, polo de máis soo darche a en hora boa polo gran traballo realizado. --Alfonso mande 10 de marzo de 2013 ás 11:26 (UTC)
Espera Javi, que estou choiando eu cos mapas... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 19:44 (UTC)
Xa falei con Toliño e dixo que pensa que non será complicado pero que non vai estar dispoñible nas vindeiras semanas. Eu tamén estou ocupado con varias cousas e ademais prefiro que el revise ese tema porque xa lle ten metido a man a eses modelos moitas veces e xa os coñece ben, polo que haberá que esperar un tempo para aplicalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2013 ás 02:09 (UTC)
Boas noites. Tes que suprimir esas caixas de navegación que tes na túa páxina de usuario que fan que esteas categorizado entre os Presidentes ds Xunta, os Primeiros Ministros de Francia e entre os Países do Mediterráneo, ademais doutras categorías imposibles. Pedro --Lameiro (conversa) 16 de marzo de 2013 ás 22:52 (UTC)
Ola, Javi. Acabo de botarlle un ollo ao portal do wikiproxecto Historia, e quería felicitarche polo bo traballo que estás a facer. Paréceme moi boa idea o indicar os artigos a mellorar, a ampliar e a crear.
Desde o portal, mirei a ligazón que indica que hai máis de 30.000 artigos na categoría:Historia e nas súas subcategorías. Foi unha gran sorpresa e ledicia, pero botando un ollo, mirei que na Categoría:Historia hai algúns artigos que están de máis, como por exemplo os artigos Pedro IV de Aragón e Pedro Ruíz Sarmiento y Velasco, e outros que deberían ir en subcategorías máis concretas, como Estados Unidos de Centroamérica. Anímaste a botarlle un ollo por riba e ver de aquelar as categorías dos artigos aí situados?
Parabéns polo teu traballo, e un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de marzo de 2013 ás 13:11 (UTC)
Hola. He visto que estas eliminando interwikis de forma manual. Me estoy encargando de retirar todos esos enlaces de forma automática con el bot [1] por lo que no es necesario de eliminarles a mano. --Kizar (conversa) 18 de marzo de 2013 ás 14:59 (UTC)
Ola, grazas por darme máis información de como poñer táboas. --AMPC98 (conversa)
Grazas por toda a información. --AMPC98 (conversa)
Ola, :) Que artigos se che ocorren que poden ir n categoría xenealoxía? Un saúdo --Xabier Cid Talk 2 me, please 20 de marzo de 2013 ás 00:22 (UTC)
Nada, nada, JaviP96. Cadramos mal e os dous queriamos engadir o mesmo dato a un tempo. Bo traballo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23 de marzo de 2013 ás 21:55 (UTC)
Ola, Javi. Desculpa que te moleste... Non entendín moi ben o que fixeches con especie. Creo que houbo un pequeno fallo de metodoloxía, pero antes de corrixilo, quería preguntarche que fixeches e para que :) Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de marzo de 2013 ás 18:53 (UTC)
Listo. As difrenzas que había eran erros. Trabuqueime chiquicentas veces, pero fíxeno finalmente como o había que facer :) Está ben lembrar as cousas despois de tanto tempo. Grazas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de marzo de 2013 ás 21:27 (UTC)
e onde o comunicaría o feito, ademáis do criterio seguido para a fusión? grazas! --Anton45 (conversa) 31 de marzo de 2013 ás 16:01 (UTC) desculpa, solucionado --Anton45 (conversa) 31 de marzo de 2013 ás 16:03 (UTC)
OK! Xa me poño. Ás veces váiseme a man, saúdos! --Xosé Antonio (fálame sempre) 31 de marzo de 2013 ás 21:31 (UTC)
Boas Javi!! Grazas pola axuda moral!!! Polo momento é unha idea, polo momento ando liado ampliando outros artigos e mentres non amplíe o da ópera (creo que o farei cando remate co de Sibelius) creo que non comezarei en serio co portal. A proposta que lle facía a HombreDHojalata era para procurar a alguén que unha vez feito o portal me axudara en posibles (e provables) períodos de ausencia, que propuxera artigos para destacar e creara e ampliara algún outro artigo para ampliar a categoría, que se ben medrou moito no ano pasado aínda é relativamente pequena. Irei con calma e verei qué me contesta HombreDHojalata, graciñas pola axuda, tereino en conta. Unha aperta!! Piquito (conversa) 3 de abril de 2013 ás 07:38 (UTC)
Da cor gústame máis unha cor similar á do portal en inglés ou ruso, pero bueno eso é cuestión de gustos. Por certo, sabes como se pode facer para crear unha caixa do estilo da de Commons que ligue diréctamente os artigos dun portal con ese portal? Se se puidera facer estaría ben ligar as óperas, os teatros, os cantantes, etc con ese vínculo. Se non me explico ben o podes ver ao final do artigo de Wozzeck na wiki en francés. Perdoa que te dea tanto a brasa, pero eu dos temas técnicos nin idea :( Piquito (conversa) 4 de abril de 2013 ás 14:43 (UTC)
Boas outra vez! Xa lle consultei a Toliño o das caixas de antes. O portal vai moi ben!! Eu persoalmente eliminaría o cadro dos temas, máis que nada porque quedan moitos modelos por facer e sería prácticamente imposible metelos todos nese apartado e habería que decidir os que valen e os que non, así que para non complicarse eu prescindiría deso e co tempo crearía un de efemérides e/ou un de audios, polo demáis todo ben, xa cambiarei a cor cando teña máis tempo. De novo moitas grazas!!!! Piquito (conversa) 4 de abril de 2013 ás 16:13 (UTC)
Grazas Javi!! Só unha pregunta máis, é posible poñer o título do portal aliñado á esquerda para poñer imaxes á dereita? Outra máis, é posible anchear a zona onde vai o título do portal? Polo momento penso que nada máis, vendo esto creo que poderei crear outos portais no futuro. Apertas!!! Piquito (conversa) 4 de abril de 2013 ás 19:34 (UTC)
Moitas grazas pola túa axuda e paciencia. Piquito (conversa) 4 de abril de 2013 ás 21:32 (UTC)
Boas Javi!!! Quedan algúns retoques ao cabezado e algo de estética, pero alo menos os contidos xa están no portal!! O único que faltaría sería unha categoría para artigos de calidade, pero boeno, ao non haber aínda ningún non o crearei. Se queres vótalle un ollo por se se che ocorre algo. A parte de actualidade está un pouco breve, pero bueno, non hai moito movemento operístico en Galiza esta tempada, se cadra en Maio co Festival Mozart hai algo que engadir. Moitas grazas de novo por todo!! Piquito (conversa) 6 de abril de 2013 ás 11:20 (UTC)
Ola Javi. De música galega non controlo tanto como se podería agardar, pero procurarei botar unha man. Por certo, como vai o tema da creación dos portais? Hai tempo que quería facer un sobe música rock, pero daquela discutíse sobre a utilidade dos mesmos. Un saúdo! --Beninho (conversa) 4 de abril de 2013 ás 08:10 (UTC)
Ola. No artigo Valdoviño puxenlle o escudo. Pero ao final do artigo onde pón Concellos da Comarca de Ferrol din que non dispoñen de escudo. Ti saberías como solucionar iso? Grazas. --AMPC98 (Conversa) 4 de abril de 2013 ás 19:50 (UTC)
Moitas grazas--AMPC98 (Conversa) 5 de abril de 2013 ás 18:48 (UTC)
O espazo en branco que aparecía nos artigos viña de deixar estoutros saltos de liña no código do modelo. Cómpre colocar xusto á fin do código do modelo (sen ningún salto de liña) a primeira etiqueta <noinclude>
. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 8 de abril de 2013 ás 12:56 (UTC)
Acabo de modificar o modelo, porque na Wikipedia en español estaba mal, non deixaba cambiar o segundo parámetro, que é o nome da persoa. Por exemplo para es:Maurice Greene (compositor), para que na frase non apareza Maurice Greene (compositor) en (IMSLP), senón Maurice Greene en (IMSLP). Saúdos! --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 9 de abril de 2013 ás 17:45 (UTC)
Boas Javi!! Grazas por crear o modelo, crearei o artigo tan pronto como poda!!! Mira unha cousiña, quería poñer un audio destacado no portal da ópera pero preferiría facelo bimensual (non sei cántos audios de ópera decentes haberá en Commons), como podo facelo? Polo momento o que fixen foi copiar o mesmo que na imaxe destacada. Moitas grazas!!!! Piquito (conversa) 9 de abril de 2013 ás 18:38 (UTC)
Moitas grazas por amañar o erro e engadilo no revisor ortográfico. Non se me ocorre outra palabra para indicar o mesmo termo, penso que está ben como o deixaches ti. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2013 ás 19:59 (UTC)
Ola, Javi96. Xa lle quitei o marcador, porque a afirmación non é miña senón de Modesto Hermida, quen é o prologuista desa colección de libros recuperados. Canto á adaptación da entrada de Benjamin Constant, si, foi do francés e do castelán, e polo que veo respectei as fontes, pois non había nada destacable (a ref. en fr era sobre o lugar de soterramento, dato do que eu prescindín na adaptación básica ao galego). Secasí, perde coidado, que polo xeral, a non ser que me vexa moi apurado, trato de pasar tamén as notas cando adapto artigos dende outras linguas. Un saúdo e graciñas pola atención e a revisión. --Atobar (conversa comigo) 10 de abril de 2013 ás 22:58 (UTC)
Xa o vin, paréceme boa idea, por min perfecta, falta ver qué opina o resto. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 11 de abril de 2013 ás 11:43 (UTC)
Aplicando o choio :) Graciñas --Xmps (conversa) 11 de abril de 2013 ás 17:11 (UTC)
Ola Javi.
Se queres encher de contidos Reino de Castela (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) non fai falla que o marques con ((lixo)).
Simplemente edítao e xa está.
Un saúdo, bo traballo, e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 12 de abril de 2013 ás 06:42 (UTC)
Moitas grazas, xa puxen o modelo :). Cando teña un momento xa me poño con esas fusións, a ver se non estoupan! ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2013 ás 09:18 (UTC)
Moitas grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 13 de abril de 2013 ás 11:47 (UTC)
Grazas, tereino en conta a próxima vez que traduza un artigo de outra wiki. Un saúdo. --Xosema (conversa) 13 de abril de 2013 ás 18:02 (UTC)
Creo que na páxina Wikipedia:Marcadores de bandeira/listaxe, en lugar de poñer <nowiki>((ESP))</nowiki>
, habería que poñer ((tl|ESP))
. Para que apareza ((ESP)), e así sexa unha ligazón e se poida ir ó modelo. Un saúdo. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 14 de abril de 2013 ás 02:05 (UTC)
Moitas grazas por avisar, volvín poñerlle unha nota ó usuario e espero que non siga subindo ese tipo de ficheiros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2013 ás 19:55 (UTC)
Ola JaviP96!!
Tarefas feitas!! Estou empezando con isto da Wikipedia e aínda me quedan moitas cousiñas por aprender.
Un saúdo. --UL rbcouto (conversa) 16 de abril de 2013 ás 10:51 (UTC)
Recibín a túa mensaxe sobre o recoñecemento nas traducións. Grazas. En moitas das primeiras páxinas que fixen poñía en "Resumo" a orixe da tradución. Pero despois de darlle a gardar vin que o texto desaparecía, polo que deixei pouco a pouco de facelo (e xa levo feitas centos de páxinas). Onde queda iso almacenado? Despois de que o gardaches en resumo, se lle volves a dar a editar non aparece xa (ou eu non o vexo), tampouco sae en Contribucións (do usuario), onde si queda rexistrado o aviso inicial de "en tradución", que sempre poño. A ver se non estamos a falar do mesmo cadro "Resumo". Eu refírome ao cadro ou liña de texto que aparece ao final do cadro de edición cando estás editando. Se é ese non sei onde queda gravado. Por exemplo, acabo de poñer no cadro resumo da páxina N-acil homoserina lactona que procede de en:N-acyl homoserine lactone, pero non sei onde aparece despois.
Por certo, fixen algún artigo na wikipedia inglesa (en inglés) que era tradución dun artigo meu (en galego) da wikipedia galega, pero tampouco puxen en resumo nada. Non sei se debo deixar constancia tamén (a min, é dicir ao meu nome de usuario, persoalmente tanto me ten, pero igual é necesario facelo). Deixei un comentario na Talk page, pero non era aviso de "Tradución".
Case todas as miñas páxinas son traducións das que considero as mellores páxinas das wikipedias (dos idiomas que coñezo) de cada tema que trato. Algunhas están traducidas case literalmente, pero outras só parcialmente ou están moi modificadas ou teñen partes de varias wikipedias, ou non inclúo (loxicamente) as partes que considero erros (e déixolles a eles mensaxes nas súas páxinas de conversa ou mesmo llelas modifico eu). Pero xa lin na túa mensaxe que se pode poñer en resumo que procede de varias páxinas. Non teño problema en facelo, naturalmente. Saúdos.--Miguelferig (conversa) 19 de abril de 2013 ás 18:13 (UTC)
Boas JaviP96!! Ando a incluír imaxes nos artigos de hóckey a patíns, pero a caixa de información das seleccións ten un problema coas imaxes, poderías mirar que pasa? O modelo é Modelo:Selección de hóckey a patíns e se queres ver o problema podes ver por exemplo Selección de hóckey a patíns masculina de Mozambique. Moitas grazas de antemán!!! Piquito (conversa) 20 de abril de 2013 ás 15:27 (UTC)
boas JaviP96!! Vin que nos marcadores de bandeira de rugby puxeches a bandeira:
JonnyJonny e mais eu acordamos empregar a bandeira da IRFU para os artigos do rugby irlandés, que é a que se adoita empregar, a bandeira é esta:
Non sei por qué, mais non son capaz de meter esta no artigo da selección de rugby de Irlanda e por eso aparece a outra, mais se miras un pouco máis na caixa podes ver que se emprega a da IRFU. Aínda hai artigos da Copa do Mundo que están coa do trevo, teriamos que cambialo, se cadra me poño eu. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 21 de abril de 2013 ás 17:44 (UTC)
Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:01 (UTC)
Penso que hai un tempo que debe transcorrer para volver votar unha proposta que xa fora rexeitada, pero non me lembro cal é, haberá que lle preguntar a algún administrador. Como os cambios son de calado, propoño primeiro abrir unha páxina exclusivamente para o debate e máis adiante abrir as votacións. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 23 de abril de 2013 ás 17:52 (UTC)
Case mellor especificar a súa relación cos artigos de calidade, por exemplo, Wikipedia:Cambios nas políticas sobre artigos de calidade. Saudiños! --Paradanta (Cóntame) 23 de abril de 2013 ás 18:12 (UTC)
Grazas por crear a páxina, xa puxen os comentarios sobre as traducións... non sei se as adaptacións estarán moi ben (puxen entre paréntese algunhas aclaracións porque é complicado adaptar unha parte soa de toda a argumentación), eu me entendo, supoño que o resto tamén. Esperemos que haxa participación no debate e que sexa construtivo. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 20:43 (UTC)
Saúdos e grazas polo aviso. A verdade é que non teño un gran coñecemento do tema, nin siquera unha opinión formada, e é un debate bastante extenso, pero prometo intentar leelo e opinar si se me ocorre algo constructivo.
Un saúdo.--Xosema (conversa) 24 de abril de 2013 ás 21:45 (UTC)
Boas JaviP96!!! Creei (bueno, copiei) un novo portal sobre o hóckey a patíns, mais teño un problema para que o artigo destacado saia aquí (Portal:Hóckey a patíns/Sobre o hóckey a patíns), poderías mirar cal é o problema?? Moitas grazas!!!! Piquito (conversa) 26 de abril de 2013 ás 20:02 (UTC)
Ola, Javi; parabéns polo choio que fixeches, un bo traballo! Paréceme ben o feito de incluílo nos recursos útiles, méteo sen medo na sección que consideres oportuna. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de abril de 2013 ás 03:12 (UTC)
Grazas Javi, botareilles un ollo. Un saúdo! --Beninho (conversa) 28 de abril de 2013 ás 10:02 (UTC)
Si, claro, podo colaborar nalgunhas desas páxinas de vez en cando. Nunca lera esa lista. Algunhas desa lista xa son páxinas bastante completas (por exemplo, sistema inmunitario, célula, ADN...). Hai outras que me parecen moi mellorables tal como están hoxe e nas que podo ir colaborando proximamente, como as páxinas virus, lípido, hormona, carbohidrato e outras. De todos modos hai páxinas que a min non me gusta facer, como as que son moi de tipo xeral do estilo "Ciencias naturais", "bioloxía". Ademais, con frecuencia chámanme a atención as cousas raras ou curiosas de bioloxía (estrómulos, cleptoplastia...), que non son o máis procurado polo público nin están nas listas das 1000 páxinas imprescindibles. Tamén hai temas que non son os meus preferidos; por exemplo, das máis de 1.000 páxinas que levo feito debe de haber só dúas ou tres de especies de animais ou plantas, pero hai ducias de microorganismos. Prefiro temas de bioloxía celular, xenética, bioquímica, histoloxía, e anatomía. Polo contrario, non fago páxinas de enfermidades, polo que a páxina SIDA terá que ampliala outra persoa, que eu xa fixen a páxina VIH traducida da páxina inglesa marcada con estrela. Neses temas colaborarei encantado. Pero ao mesmo tempo seguirei facendo páxinas novas empezadas desde cero. Se a páxina ten pouco feito, como pasaba con arqueas, xilema, meiose, ADN, núcleo celular estou máis disposto a reestruturalas e amplialas (como fixen), pero se a páxina ten máis cousas feitas non me gusta tanto reestruturar (aínda que as veces pense que sería necesario), pero sempre se poden ampliar. Por exemplo, a páxina bacterias podería reestruturarse e poñer unha clasificación máis actualizada, pero habería que cambiar moito (porén, fixen moitos pequenos cambios, pero non reestruturacións). De todos modos eu fago principalmente traducións, que ao mellor a algúns non lles gusta. Aínda así, que bo sería que algún que entenda de física traducise a páxina inglesa de átomo, xa que a galega é moi escasa actualmente.
Por certo, cando cambiei o nome da páxina Bacteria ao plural (porque insistía Xoio e seguramente tiña razón), saiu a mensaxe "produciuse un erro inesperado" e borrouse a maior parte do contido da páxina de conversa. Non sei se terá importancia. Porén, o cambio de nome parece que funcionou ben.--Miguelferig (conversa) 29 de abril de 2013 ás 20:10 (UTC)
Xa o amañou Xas. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 29 de abril de 2013 ás 22:43 (UTC)
Nesta ocasión, por dous motivos:
Un abrazo. . HombreDHojalata.conversa 1 de maio de 2013 ás 09:50 (UTC)
Boas Javi!! O cambio de mes caeume moi mal no tema dos portais, co da ópera comecei a facer unhas redireccións para os artigos destacados e fixen unha desfeita considerable, co do hóckey fixen unha redirección co artigo destacado pero non consigo que apareza no portal, coas imaxes non sei tampouco o que pasa (no do hóckey fixen unha redirección porque quería repetir a portada e no da ópera fixen o mesmo -creo- que para a portada anterior). Se podes mirar qué pasa agradeceríacho para non ter os dous portais vacios demasiado tempo. Unha aperta!! Piquito (conversa) 1 de maio de 2013 ás 16:18 (UTC)
Ola JaviP96. Cando traslades unha sección, como aquí, por favor, no resumo de edición pon Trasladado a Cronoloxía da Segunda Guerra Mundial (coa ligazón interna), no cando de movido cara outro artigo. Saúdos. Vivaelcelta {conversa · contribucións} 1 de maio de 2013 ás 17:46 (UTC)
Boas Javi, grazas por dicirme o da profundidade dos artigos, non tiña nin idea do que era. En canto teña un rato xa paso o que levo feito á páxina de matemáticas. Estaba a traballar na subpáxina porque vaime levar tempo, pero podo facelo na mesma páxina poñendo o acostumado En uso. Saúdos! --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de maio de 2013 ás 11:19 (UTC)
En primeiro lugar grazas polas correcións, aínda que non me deixaches tempo para que as fixera eu. Erro pola miña parte ao non poñer o marcador de en uso. En fin tanto ten. Un saúdo--AMPERIO (conversa) 4 de maio de 2013 ás 14:58 (UTC)
Acabo de ler o artigo Revolucións de 1848 e comparandoo co da revolución francesa de 1848, a verdade é que veñen a dicir o mesmo. Habería que eliminar un dos dous ou ben ampliar o que ten a idea máis ampla con información sobre as revolucións noutros paises aparte de Francia. --AMPERIO (conversa) 4 de maio de 2013 ás 15:06 (UTC)
Boas JaviP96!! Tiña pensado traballar nos artigos da lista relacionados coa música clásica, mais polo momento aínda estou a ampliar Sibelius, e logo xa farei o propio con ópera, Bach, Beethoven e Mozart, mais con calma, prefiro amplialos moito e crear artigos bos relacionados coas composicións (xa retirei a lista en Chopin, perde peso mais dende o meu punto de vista as obras pintan máis nunha listaxe como en Lista de composicións de Jean Sibelius que no corpo do artigo). Estarei atento ás propostas que me vaias facendo, mais traballarei básicamente neste campo, aínda que en momentos puntuais poda colaborar un pouco con xeografía ou mesmo historia. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 4 de maio de 2013 ás 21:08 (UTC)
Boas JaviP96!! Moi profesional o resultado!!! Deixei un comentario na taberna, non sei qué opinarás ti, mais eu prescindiría da categoría. Sobre o wikiproxecto, é unha moi boa idea, mais xa che comentei que me vou centrar principalmente nos artigos de música clásica (se algún día acabo con Sibelius), polo que non tería problema en participar dentro deste ámbito atendendo a posibles peticións de ampliación ou calquera cousa que se vos ocorra, non traballaría a priori colaborando con outros usuarios nun artigo doutro tema (a non ser que fora algo que chamara especialmente a miña atención). O motivo é que os artigos da lista sobre a música clásica están ben escasos, por exemplo Puccini, Verdi, Mahler, Palestrina, Haydn, Haendel, etc están nun nivel moi baixo (sendo todos artigos moi importantes), se a estes lle sumamos o artigo de sinfonía, música clásica (artigo para o cal non hai consenso se adicar á música académica ou ao período, aínda que seguramente se opte pola primeira) e que ao artigo sobre a ópera lle queda por facer toda a parte histórica (conto con poñerme pronto, mais primeiro vai Sibelius, non quero seguir deixando traballos a medias), nos queda moito traballo e non dispoño de moito tempo. O dito, estarei pendente de calquera proposta que me fagas sobre o wikiproxecto e nóvamente parabéns co traballo feito co logo e todo o que tes traballado por darlles máis relevancia e visibilidade a estes artigos. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 7 de maio de 2013 ás 15:57 (UTC)
Se hai xeito de facelo, non teño a certeza de sabelo. Pode que si, pode que non. O que si sei seguro é que eu non o sei facer. Se todos eses artigos estivesen nunha categoría si que sabería facelo, pero o feito de ter que mirar na páxina de Meta complica as cousas. E facelo manualmente é un labor máis que tedioso. Sobre a medición do tamaño dos artigos, o modelo fala de bytes, e no historial de cada artigo aparece o tamaño do mesmo en bytes, non vexo o problema. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 7 de maio de 2013 ás 13:23 (UTC)
# [[Nome do artigo]] (((PAGESIZE:Nome do artigo)) bytes)
. Facelo á man éche bastante tedioso. Se cadra, HombreDHojalata sabe automatizalo co seu bot. --Toliño Fala aquí comigo 15 de maio de 2013 ás 11:40 (UTC)Boas JaviP96!!! Xa puxen os logos dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debería ter nas personalidades da música, mais non sei se estarán ben postos, o que fixen foi mirar no historial os bytes do artigo e multiplicar por 1,1 (algo deso tiña entendido que era, se non é así dimo para que os poda corrixir, eu deso non entendo moito). Algúns se degradarán seguro, como o de Vivaldi que boa parte do artigo é unha lista de obras pouco útil para unha biografía. Tamén incluín o logo no artigo da ópera (neste non teño dúbidas, o artigo é suficientemente grande como para non ofrecer dúbidas). Vamos falando do tema pois, unha aperta!!! Piquito (conversa) 8 de maio de 2013 ás 23:41 (UTC)
Boas, tentarei facer o que poida coa lista. Aproveito para felicitarte pola proposta e polo choio que estás a facer. A seguir dándolle duro. Un saúdo.--Breogan2008(dime) 9 de maio de 2013 ás 15:19 (UTC)
Ola, Javi. A curto prazo non vou poder, pero tratarei de facelo dentro dun tempo se é que para daquela aínda ninguén lle meteu man. Sinto non ter máis tempo para traballar na Wikipedia ultimamente. En todo caso, agradézoche que esteas á que cae e que traballes tanto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11 de maio de 2013 ás 19:23 (UTC)
Boas JaviP96!! Grazas polas túas achegas na votación para calidade de Historia de Serbia, sinto non terme metido na mellora do artigo, andei a outras cousas e agora vou estar medio inactivo ata o mes que vén (de feito xa levo uns días que as miñas achegas son a creación de artigos co básico para logo amplialos, ou pequenas ampliacións puntuais ou tarefas de mantemento do portal do hóckey a patíns). Tampouco vou poder polo tanto participar no wikiproxecto dos 1000 artigos para tentar recibir un recoñecemento este mes (espero poder contribuir algo máis no vindeiro mes), mais polo que vin estes días o traballo vai moi ben, hai implicación e se están a ampliar moitos artigos, polo que douche a noraboa por ter creado o wikiproxecto. Unha aperta e a seguir así!! Piquito (conversa) 14 de maio de 2013 ás 15:40 (UTC)
Si. Están esperando por min... e irán, aínda que vou abondo máis lento que pensaba.--Agremon(contacto) 15 de maio de 2013 ás 21:43 (UTC)
Cando teña tempo estarei encantado de traballar neses artigos. Grazas por avisarme! --Imxavitooh (conversa) 17 de maio de 2013 ás 14:12 (UTC)
Ola, Javi! Como interesado na historia, íache pedir que creases o artigo Foro de León (podes basearte no artigo en castelán), e que investigases sobre a súa relevancia na Galiza medieval. Non hai présa, cando che vaia ben.
Aproveito para felicitarche polo traballo que estás a facer coa WWII e co artigo que creaches sobre a batalla do Atlántico fronte a Galiza.
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de maio de 2013 ás 17:13 (UTC)
Boas JaviP96!! Por min non hai problema, non sei se o podo facer eu ou o ten que facer algún administrador por motivos técnicos. Ao final puiden estar un pouco activo este mes, tentarei ampliar o artigo de Haydn (tamén estaría ben o de Palestrina e/ou o de Händel), agora estou liado con La fanciulla del West, que o vindeiro mes se representa na Coruña e quería poñela destacada no portal ópera (non sei se me dará tempo de tela finalizada, pero tentareino). Non sei cándo se mira o crecemento das wikis de mes a mes, espero chegar a tempo, se non o consigo espero poder traballar nos compositores para que todos teñan canto menos 10kb para xullo. Por certo, me sobran varios artigos da categoría dos 1.000 artigos que toda wiki debería ter (agora é un), non sei cómo podemos facer para que esto non pase. Sabes por casualidade canto medramos este mes? Unha aperta!! Piquito (conversa) 30 de maio de 2013 ás 14:59 (UTC)
O problema é que esa ferramenta é demasiado custosa para o software e non pode abusarse dela (ou chega un momento no que deixa de funcionar, como pasou). Acabo de pasar pola páxina e semella que todos os artigos teñen o tamaño ao carón. Non obstante, non podo dicir que esa información sexa sempre correcta, posiblemente non se actualice como é debido se unha páxina cambia o seu tamaño, co tempo si, pero non instantaneamente. Saúdos e perdón por tardar tanto en contestar. --Toliño Fala aquí comigo 31 de maio de 2013 ás 13:56 (UTC)
Boas JaviP96!! Son un pouco torpe con esto da informática, cértamente non me aclaro, o Portal:Ópera non o consigo ver actualizado (a pesar de xa ter elixido o artigo destacado, a imaxe, o audio para os dous próximos meses, e as curiosidades). Non sei se fixen algo mal ao crear os artigos (redirixín os modelos aos artigos, pode ser ese o problema?). Sinto darte tanto a brasa co tema dos portais (o Portal:Hóckey a patíns tampouco o consigo ver, o contido é o mesmo, comezou a finais de abril e quería deixar os artigos dous meses -ademáis se o Liceo gaña a liga xa queda destacado- e as fotos pode que máis), pero non me dou aclarado :( Apertas!!! Piquito (conversa) 1 de xuño de 2013 ás 16:52 (UTC)
Hei Javi!! Estaba a esperar que saíra a clasificación. O resultado é impresionante, agora toca seguir traballando para medrar máis aínda o mes que vén!! Unha aperta!!! Piquito (conversa) 4 de xuño de 2013 ás 20:45 (UTC)
Síntoo, Javi, non fun quen de seguir o consello que me dás para o asunto das interwikis, así que procedían á antiga, poñendpo os nomes das wikis máis útiles para consultar. --XoioÉche o que hai 7 de xuño de 2013 ás 20:32 (UTC)
É que non engadiras au-referencias, confundícheste e engadiches "referencias" simplemente [4] e non tiña lóxica. Agora si ;-) --. HombreDHojalata.conversa 8 de xuño de 2013 ás 11:49 (UTC)
Boas JaviP96!! Mirando o Portal:Historia vin que nos temas figura Antártica e o artigo é Historia da Antártica, é correcto Antártica? O artigo do continente é Antártida, con "d". Graciñas, unha aperta!!! Piquito (conversa) 13 de xuño de 2013 ás 23:26 (UTC)
¡Grazas, Javi! Estou traducindo biografías de galegas para o Wikiconcurso na Wikipedia en español (que é onde eu traballo, sobre todo). --Rosarino (conversa) 15 de xuño de 2013 ás 14:29 (UTC)
Home é que eu xa levo facendo ese traballo hai moito tempo, pero só dentro da categoría da astronomía, de feito agora estou tentando ampliar varios artigos das lúas de Saturno, pilláchesme ampliado Mimas, sería bo ampliar ese tipo de artigos pero a verdade é que eu onde me movo con soltura é na rama da astronomía, e tentarei seguir ampliando os artigos que están máis fracos nesa categoría. --Xabier Cancela (fálame) 18 de xuño de 2013 ás 19:54 (UTC)
É unha característica que sae nos cadros análogos doutros idiomas, é unha forma máis rápida de posicionar a ideoloxía política dun partido. Se o queres quitar por mín non hai problema.--Adorian (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 19:45 (UTC)
Hello JaviP96, Can you help me create this article Clive Dunn. He's a good article and i want him to be in this great wikipedia. --TDKR Chicago 101 (conversa) 22 de xuño de 2013 ás 19:37 (UTC)
Hello. I'd like to ask you to translate the four points that are wrongly translated to Portuguese into Galician in this page in MetaWiki. I made that mistake and I just can't delete the translation, so I'm asking you to correct it if you can. Thank you. Dannyps (conversa) 28 de xuño de 2013 ás 10:04 (UTC)
Ola, Javi! Non teño clara a miña postura ao respecto sobre o do título do artigo Os Ánxeles; son consciente de que a cidade californiana é o máis buscado, pero penso que "Os Ánxeles" debería ser a páxina de homónimos por dous motivos: por unha banda para evitar o formato "topónimo (homónimos)" nos títulos (agás cando se trata do nome dun concello galego, que é a excepción), e por outra banda cun propósito didáctico, para que a xente saiba que existen varias parroquias con ese nome. De feito pensei en mover o artigo de homónimos a "Os Ánxeles".
Paréceche ben abrir un debate na páxina de conversa de "Os Ánxeles (homónimos)", para ver que opina a comunidade?
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xuño de 2013 ás 11:01 (UTC)