Caradriformes Charadriiformes Rango fósil: Eoceno[1][2][3] - Actualidade (55–0 Ma) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Larus michahellis, a gaivota máis común en Galicia | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subordes e Familias | |||||||||||||||||
|
A das caradriformes[4] (Charadriiformes) é unha orde de aves da superorde das neognatas, que comprende unhas 390 especies distribuídas por todo o mundo nunha ampla variedade de hábitats, aínda que todas están relacionadas dunha ou doutra forma coa auga, tanto doce como salgada.
Son aves que poden ser de tamaño pequeno, mediano ou grande. A súa alimentación é variada, como corresponde a un grupo con tanta diversidade, desde as gaivotas, que son practicamente omnívoras, aínda que se alimenten principalmente de peixes, até as que consomen pequenos invertebrados, especialmente crustáceos e moluscos, como as limícolas, cuxa familia máis numerosa é a dos escolopácidos. Quizais as súas representantes máis coñecidas sexan as gaivotas, da familia dos láridos.
A orde foi descrita en 1867 polo biólogo inglés Thomas Henry Huxley.[5]
O nome científico Charadriiformes está formado sobre a base de Charadri-, raíz de Charadrius, o xénero tipo da familia dos carádridos, ao que se lle engade o sufixo do latín científico -iformes, "en forma de", propio dos nomes das ordes de peixes e das de aves.
O nome científico Charadrius tirouno Linneo do latín vulgar, tomado do grego antigo καραδρίός charadriós, unha ave caradriforme, quizais Burhinus oedicnemus,[6] que, segundo Aristóteles e Aristófanes, a súa visión curaba a ictericia.[7]
A orde dos caradriformes comprende 3 subordes, 19 familias e 390 especies.[8][9]
A taxonomía de Sibley-Ahlquist agrupa aos caradriformes xunto con outras aves mariñas e coas rapaces nunha orde moi ampliada dos ciconiformes. Porén, a resolución da técnica de hibridación ADN-ADN empregada por Sibley e Ahlquist non foi suficiente para resolver adecuadamente as relacións deste gran grupo e, de feito, parece que os caradriformes constitúen unha única liñaxe grande e moi distintiva de aves modernas.[11]
As alcas, xeralmente consideradas distintas pola súa peculiar morfoloxía, están máis probabelmente relacionados coas gaivotas, sendo a "distinción" o resultado da súa adaptación ao mergullo.[12]
A árbore filoxenética dos caradriformes abaixo mostrada baseouse nun estudo de Heiner Kuhl e colaboradores publicado en 2020.[13]
As familias e o número de especies son os da lista elaborada por Frank Gill, Pamela Rasmussen e David Donsker en nome da Unión Ornitolóxica Internacional.[8]
As subordes son as definidas por Joel Cracraft en 2013.[9]
|
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caradriformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Caradriformes |