Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.)
Paulo II, papa
Nome completoPietro Barbo
Nome de nacementoPietro Barbo
Nacemento23 de febreiro de 1417 e 1417
Lugar de nacementoVenecia
Falecemento26 de xullo de 1471
Lugar de falecementoRoma
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoGrutas vaticanas
NacionalidadeRepública de Venecia
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico e numismático
PaiNicolo Barbo
NaiPolissena Condulmer
Período1464 a 1471
Coñecido porser o papa n° 211 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Barbo-24 Find a Grave: 76653328 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Paulo II.

Paulo II, nado como Pietro Barbo en Venecia o 23 de febreiro de 1417 e finado en Roma o 26 de xullo de 1471, foi o Papa n.º 211 da Igrexa católica entre 1464 e 1471.

Orixe e formación

Iniciou a súa carreira eclesiástica co nomeamento do seu tío como o Papa Uxío IV, o que lle permitiu unha rápida promoción, pasando de arquidiácono en Boloña a bispo de Cervia e Vicencia, e finalmente, en 1440, Cardenal.

Papado

Foi elixido pontífice de xeito unánime o 30 de agosto de 1464. Prestou xuramento comprometéndose a abolir o nepotismo imperante na Curia, a mellorar a moral no Vaticano, a batallar contra o Imperio Otomán e a reunir un concilio ecuménico antes de tres anos. Porén, os termos dese xuramento foron modificados por Paulo paulatinamente ao longo do pontificado, o que lle valeu a perda de confianza do colexio cardinalicio.

Quixo utilizar o nome de Formoso II ("Fermoso" en latín), xa que estaba completamente convencido da súa beleza, pero os cardeais convencérono para que deixase a súa vaidade, e optou polo nome de Paulo.

En 1466, intentando desfacerse dos servizos duplicados no Vaticano, procedeu a pechar o colexio de compendiadores que se encargaba de redactar os documentos papais, o que provocou unha vaga de indignación entre os poetas e retóricos da cidade que eran os que prestaban tales servizos. O poeta Platina foi encarcerado tras escribir unha carta ameazante ao Papa, e se ben foi posteriormente liberado, foi novamente encarcerado ao ano seguinte acusadon de conspirar contra o pontífice, sendo torturado xunto a outros compendiadores. En vinganza, Platina escribiu Vitae pontificum, unha biografía moi negativa de Paulo II.

O cronista Stefano Infessura presentou a Paulo II como oposto aos humanistas, amante do esplendor e das diversións populares como o entroido, que introduciu en Roma. Non obstante, cómpre ter en conta que o cronista, polo seu pensamento republicano e contrario ao papado, supón unha fonte de información pouco imparcial.

Porén, hai que recoñecer ao Papa o seu estrito sentido de equidade, as súas reformas na administración municipal, e a súa loita contra os subornos oficiais no seo da Igrexa.

Paulo II estableceu durante o seu pontificado a celebración do xubileu cada vinte e cinco anos, e intentou infrutuosamente organizar unha cruzada contra o Imperio Otomán.

As profecías de San Malaquías refírense a el como De cervo et leone (do cervo e o león), facendo referencia a que antes de ser elixido pontífice foi bispo de Cervie e cardeal de San Marcos, que ten por símbolo un león, e a que no seu escudo de armas aparece así mesmo un león.

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.