Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.)
Silverio, papa
Nacemento477
Lugar de nacementoFrosinone
Falecemento20 de xuño de 537
Lugar de falecementoPonza
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico
PaiHormisdas
Naiwife of Hormisdas
Período536 a 537
Coñecido porser o papa n° 58 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Frusino-1
editar datos en Wikidata ]

Silverio, nado en Frosinone e finado en Palmarola o 11 de novembro de 537, foi o papa número 58 da Igrexa católica de 536 a 537.

Traxectoria

Fillo lexítimo do papa Hormisdas que estivera casado antes de ser ordenado sacerdote, Silverio era subdiácono en Roma cando o papa Agapito I faleceu mentres se atopaba en Constantinopla. Elixido Papa co apoio do rei ostrogodo Teodato, encontrouse co rexeitamento do emperador bizantino Xustiniano I quen, influenciado pola súa esposa Teodora, quería sentar no trono de San Pedro a Vixilio máis próximo ás ideas monofisitas da emperatriz e que se encontraba nese momento en Constantinopla. Vixilio dirixiuse a Roma, sen coñecer a elección de Silverio, portando cartas para o xeneral bizantino Belisario nas que se lle ordenaba que apoiase a súa elección como papa. Belisario dirixiuse a Roma á fronte do seu exército e a cidade, tras expulsar os godos, abriulle, o 9 de decembro de 536, as súas portas sen loita temendo un saqueo como o que sufrira Nápoles ás mans dos bizantinos. O rei Vitixes, que sucedera a Teodato, asediou entón á cidade de Roma deixando illado a Belisario no seu interior. Non obstante o feito de que non intentasen o asalto da cidade serviu de base para acusar a Silverio de estar a planear cos godos a rendición da cidade facilitándolles a entrada. Esta acusación serviu de escusa a Teodora para lograr o seu obxectivo de sentar a Vixilio na sede papal, xa que provocou o arresto de Silverio que foi despoxado das vestiduras pontificais en marzo de 537 e enviado ao exilio na cidade de Patara na actual Turquía. O bispo de Patara intercedeu a favor de Silverio ante o emperador Xustiniano e logrou que este anulase o desterro e lle permitise regresar a Italia para que intentase demostrar a falsidade da acusación de traizón. Unha vez en Italia, foi non obstante recluído, por orde de Teodora, na illa de Palmarola onde faleceu o 11 de novembro de 537.

Posteriormente foi beatificado e santificado, sendo patrón da illa de Ponza, en Italia.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.