Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.)
Ponciano, papa
AlcumeSan Ponciano
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoRoma
Falecementooutubro de 235
Lugar de falecementoTavolara
SoterradoCatacumba de Calisto
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico
Períodoentre os anos 230-235
Coñecido porpapa n° 18 da Igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Calpurnius-2 Find a Grave: 76823654 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ponciano, nado en Roma e finado en Sardeña o 19 de novembro de 235, foi o 18º Papa da Igrexa católica entre 230 e 235.

Traxectoria

Foi o primeiro pontífice da historia da Igrexa que non permaneceu na cadeira de San Pedro ata o seu falecemento, xa que renunciou o 28 de setembro de 235, data que ademais constitúe a primeira da historia papal totalmente confirmada por documentos históricos. Procedeu a confirmar a condena que Demetrio de Alexandría lanzara sobre os textos de Oríxenes sobre a Resurrección, e ordenou o canto dos Salmos nas igrexas e a recitación do "Confiteor" antes de morrer, así como o uso do saúdo Dominus vobiscum ('O Señor estea convosco').

Ó igual que os seus antecesores, enfrontouse ó antipapa Hipólito, que mantivo o cisma que iniciara ó negarse a recoñecer a Ponciano como papa. Porén, a subida ó trono do imperio de Maximino o Tracio, que reactivou as persecucións contra os cristiáns, supuxo que tanto Ponciano como Hipólito fosen deportados ás minas de sal de Sardeña, onde lograron reconciliar as súas posturas, poñendo fin ó primeiro cisma que sufrira a Igrexa ó abdicar ambos a favor de Antero.

Pouco despois da abdicación Ponciano e Hipólito foron martirizados ó seren azoutados ata a morte, tralo que os seus corpos foron trasladados a Roma, onde foron inhumados nas catacumbas de San Calisto.

No seu tempo sitúase a lenda da virxe e mártir santa Icía, patroa da música. Baixo o pontificado de Ponciano, Valeriano (que se identifica como o mesmo Valeriano esposo de santa Icía) converteuse ó cristianismo e foi martirizado.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.