Axente libre | |
Posición | Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 4 de xuño de 1999 (25 anos) Garland, Texas |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 93 kg (205 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Lakeview Centennial (Garland, Texas) |
Universidade | Texas Tech (2017–2018) |
NBA Draft | 2018 / Rolda: 1 / Elección: 16 Por Phoenix Suns |
Carreira | dende 2018 |
Historial de equipos | |
Philadelphia 76ers (2018–2020) → Delaware Blue Coats (2019–2020) |
Zhaire Jahi-ihme Smith, nado o 4 de xuño de 1999 en Garland, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto. Con 1,91 metros de estatura xoga na posición de escolta.
O 21 de xuño de 2018, Smith foi seleccionado polos Phoenix Suns na 16ª posición do Draft da NBA de 2018, pero pouco despois foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de Mikal Bridges.[1] O 2 de xullo de 2018, Smith asinou cos Sixers.[2] Debutou na NBA o 25 de marzo de 2019 na derrota dos 76ers por 119-98 contra os Orlando Magic.[3]
O 23 de novembro de 2020, Smith foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Tony Bradley.[4] O 30 de novembro de 2020, os Pistons cortaron a Smith.[5]