Promitheas Patras – No. 98 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1998 (26 anos) Marijampolė |
Nacionalidade | Lituania |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 107 kg (236 lb) |
Posición | Ala / Ala-pivote |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2018 / Rolda: 2 / Elección: 55 Por Charlotte Hornets |
Carreira | dende 2014 |
Historial de equipos | |
Žalgiris-2 (2014–2015) Brose Bamberg (2015–2019) → Baunach Young Pikes (2015–2017) → Orlandina Basket (2017–2018) Bilbao Basket (2019–2021) Charlotte Hornets (2021−2022) → Greensboro Swarm (2021−2022) Promitheas Patras (2022–presente) |
Arnoldas Kulboka, nado o 21 de marzo de 1998 en Flint, Míchigan, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no Promitheas Patras BC da A1 Ethniki. Con 1,98 metros de estatura xoga nas posicións de ala e ala-pivote.
O 21 de xuño de 2018, Kulboka foi seleccionado polos Charlotte Hornets na 55ª posición do Draft da NBA de 2018.[1] En 2018 disputou a Liga de Verán da NBA cos Hornets.[2]
O 6 de agosto de 2019, Kulboka asinou co Bilbao Basket da Liga ACB.[3] Na súa primeira tempada en Bilbao, acadou 8.5 puntos e 3.6 rebotes por encontro. O 12 de xuño de 2020, Kulboka e o Bilbao Basket renovaron o contrato do xogador dúas tempadas máis.[4]
O 3 de agosto de 2021, Kulboka asinou cos Charlotte Hornets un contrato por un ano, nun acordo no que dividiría o tempo de xogo entre os Hornets e o seu afiliado da NBA G League, os Greensboro Swarm.[5] O 11 de decembro de 2021, Kulboka debutou na NBA contra os Sacramento Kings.[6]