UCAM Murcia – No. 00 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1998 (26 anos) Cēsis, Letonia |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Posición | Ala |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2018 / Rolda: 2 / Elección: 40 Por Brooklyn Nets |
Carreira | 2012−presente |
Historial de equipos | |
VEF Rīga (2012–2015) → VEF Rīga Skola (2012–2014) FC Barcelona (2015–2018) → FC Barcelona Júnior (2015–2016) → FC Barcelona B (2016–2017) Brooklyn Nets (2018–2021) → Long Island Nets (2018–2020) Houston Rockets (2021) Milwaukee Bucks (2021) Partizan (2021–2022) Real Betis (2022) SIG Strasbourg (2022–2023) Murcia (2023–presente) |
Rodions Kurucs, nado o 5 de febreiro de 1998 en Cēsis, é un xogador letón de baloncesto profesional que xoga no UCAM Murcia da Liga ACB.
En xullo de 2015, Kurucs asinou un contrato de catro anos co FC Barcelona da Liga ACB.[1]
O 21 de xuño de 2018, Kurucs foi elixido na 40ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Brooklyn Nets.[2] O 16 de xullo de 2018, Kurucs asinou un contrato cos Nets.[3] O 29 de xaneiro de 2019, Kurucs foi seleccionado para xogar o Rising Stars Challenge de 2019 co Team World.[4]
O 14 de xaneiro de 2021, Kurucs foi traspasado ós Houston Rockets nun traspaso entre tres equipos.[5]
O 19 de marzo de 2021, Kurucs foi traspasado xunto a P. J. Tucker ós Milwaukee Bucks, a cambio de D. J. Wilson, D. J. Augustin e varias futuras eleccións do Draft.[6] O 12 de maio de 2021, foi cortado polos Bucks tras participar cinco partidos.[7]
O 7 de xullo de 2021, Kurucs asinou co KK Partizan serbio.[8]
O 23 de agosto de 2022, anunciouse a fichaxe de Kurucs por unha tempada polo Real Betis Baloncesto da Liga ACB.[9]