A duplicidade queda resolta. Quedan as categorías Categoría:Imaxes sobre a historia de Galicia e Categoría:Imaxes de Historia. Se se decide mudar o nome dalgunha avisade e poño o bot a correr. ☣Banjotell me19 de febreiro de 2020 ás 23:26 (UTC)[responder]
Ola. Consulto unha cuestión sobre esta imaxe. A cuestión é que creo que non puxen ben a licenza. Empreguei un modelo que atopei por aí, pero en realidade non é exactamente unha obra cedida polo "PNOA-IGN e Xunta de Galicia", senón unha obra modificada por min a partir dun arquivo "cedido polo PNOA - IGN e Xunta de Galicia". Creo que a diferencia é importante, sobre todo porque tiña intención de seguir subindo máis coma este. Como podo facer para que quede correctamente explicado? Mil grazas! --AArizaga (conversa) 19 de xuño de 2020 ás 11:57 (UTC)[responder]
Ola! Rematan de poñerme o aviso que incorporo. Resulta que só mo poñen do PP e só para esas eleccións na provincia de Lugo. Non teño moi claro o que facer para que non o borren. Ideas? Interacción?
Un amigo (Xabade) atopou uns logotipos vellos, de empresas extintas, publicados nun libro do ano 76, editado por unha empresa extinta. O instinto dime que poderiamos/deberiamos usalo, pero teño dúbidas.
O logotipo é (hai máis, pero para o exemplo válenos con un) da caixa de aforros de Ferrol. O logotipo é un logotipo de imprenta, é dicir, non parece que fose debuxado polos autores do libro. Esa empresa desapareceu. Aínda que non podo datar exactamente o logotipo, é dalgún momento entre 1940 e 1977.
O logotipo, como digo, é unha reprodución directa, sen que haxa intención artística. Non é unha foto dun logotipo, senón reprodución directa.
O logotipo atópase reproducido na obra 'La Caja de Ahorros y Monte de Piedad de El Ferrol. Historia de una institución ferrolana', de 1977. O libro foi editado pola propia entidade bancaria, extinta.
O escudo aparece na páxina de crédito, entre a portada e o comezo do libro, é dicir, non na parte do contido textual do libro, senón como indicador da editorial, que é o propio banco, e que polo tanto está extinto.
A empresa, como digo, desapareceu en 1978. Logo dunha fusión converteuse en Caixa Galicia, que se converteu en NovaCaixaGalicia, que se converteu en Abanca.
Estou editando un artigo de CD Projekt na Galipedia e non son capaz de engadir unha taboa coa informacion. Algunha solucion ? —o anterior comentario sen asinar foi feito por Lucasbreamo (conversa • contribucións)
Ola, Usuario:Lucasbreamo.
Benvido e grazas polas túas contribucións. Porén, antes de meterse no tema das táboas, quizais habería que revisar cuestións máis básicas, como a ortografía.
Boas tardes, son novo nas edicións e todavia teño algunhas dúbidas. Veredes, acabo de facer unha traducción dun artigo desde o castelán e completei a taboa de información, nesta coloquei 2 imaxes e non sei se está ben feito. Alguen pode votarme unha man?
o artigo en cuestión é este:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Matilde_P%C3%A9rez_Palacio
Grazas!! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Metiawr85 (conversa • contribucións) 29 de xuño de 2021 ás 15:45
Boa tarde, estiven a facer un par de artigos pero quedan moito mellor cando podes completalos cunha fotografía. A cuestión é que non sei como facer este paso, xa que hai que buscar fotografías libres de copyright verdade? Cómo se sabe iso? Por exemplo: estiven a traballar no perfil de Óscar Villán, pero non sei cales son as fotos permitidas para usar neste caso, que se podan linkar ou mesmo poñer na ficha.
Graciñas! --Orcavella (conversa) 10 de xaneiro de 2022 ás 12:34 (UTC)[responder]
Ola! Non adoito traballar nesta Wikipedia, senón na catalá, mais reparei hai pouco que as imaxes novas que tiñades (Esther Estévez, Xúlio Abonjo, Helena Salgueiro...) e que anunciastes no Instagram xa non están. Como pasou con moitas, quería saber se tivestes algún problema con elas ou que pasou, basicamente. Moitas grazas por adiantado! --Brunnaiz (conversa) 29 de xullo de 2022 ás 02:39 (UTC)[responder]
Ola Brunnaiz! Moitas grazas pola preocupación. Tes razón, todas as fotos que fomos recompilando a través de contactar con esas persoas por Instagram foron borradas en Commons. O motivo é o seguinte: "Proporcionouse a orixe, pero non hai proba ningunha de que a persoa autora ou posuidora dos dereitos de autoría estea de acordo en liberar a obra baixo a licenza achegada. Cómpre dar unha ligazón cara a unha páxina web que conteña datos sobre a licenza ou enviar un correo electrónico cunha copia do permiso escrito ao sistema OTRS (permissions-commons@wikimedia.org)." Nestes momentos estoume encargando de contactar coas persoas autoras para pedirlles que envíen un correo electrónico segundo o modelo indicado arriba. Con sorte poderemos recuparalas se teñen a vén axudarnos. Saúdos. --Chairego apc (conversa) 2 de agosto de 2022 ás 15:22 (UTC)[responder]
Veño de subir a Commons as imaxes do encontro CD Arenteiro - Polvorín FC, da segunda división RFEF. Quería pedirlle axuda ás persoas que adoitan editar sobre fútbol (@Krisko:, @Xanetas:, @Jorges65:, @Adorian:) á hora de identificar futbolistas, tanto para indicar a información na descrición das imaxes, como para engadir as fotos aos artigos e Qs correspondentes. Na medida do posible, recortarei algunhas imaxes co CropTool de Commons para destacar os xogadores. Moitas grazas pola axuda! --Estevo(aei)fálame aquí17 de xaneiro de 2023 ás 08:58 (UTC)[responder]
A acta do partido pódese consultar aquí: [1] (hai un erro e en lugar de Arenteiro pon "Huracán Melilla", pero o partidos e mailos xogadores que figuran son os do Arenteiro). Mirando os números das camisolas e pantalóns dos xogadores debería ser bastante fácil identificalos. Jorges65 (conversa) 17 de xaneiro de 2023 ás 17:45 (UTC)[responder]
Boas! Non sei se este é o lugar indicado (sóame que hai algún lugar para peticións de imaxes). Estou organizando o Wikiproxecto do Celta de Vigo, especialmente este ano que se cumpre o Centenario. Alén de que por suposto toda axuda no Wikiproxecto é máis que ben recibida, gustaríame pedir axuda para apañar imaxes que estou a ter dificultades para conseguir.
Ola, @Jockerouac:; hai unhas semanas subín a Commons estas fotos do partido Gran Peña - Rápido de Bouzas. Sería estupendo se puideses editar na descrición das imaxes, indicando na medida do posible quen é cada persoa, para así poder incluír as imaxes nos artigos de Wikipedia ou os elementos de Wikidata correspondentes. Respecto ao logo de Sargadelos e a bufanda, coido que teñen dereitos de autoría, polo que non se poderían subir a Commons :/ Respecto á Cidade Deportiva, teño pendente visitala, no marco do proxecto de inventariar os campos de fútbol da provincia (Usuario:Estevoaei/Campos de fútbol). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí30 de xaneiro de 2023 ás 12:59 (UTC)[responder]
Subín a imaxe dun artigo sen imaxe, o de Timoteo Sánchez Freire. Podedes vela aquí [2] A imaxe foi tirada da web do Museo Virtual da USC, tal e como foi indicado. Non sei se fun contra algunha norma pois deste museo hai outros ficheiros subidos a WikiCommons, o autor do retrato é descoñecido, e o retratado faleceu en 1912.
Moitas grazas pola axuda. Saúdos. --Xabade (conversa) 20 de setembro de 2023 ás 07:21 (UTC)[responder]
Ola, @Xabade:. É importante coñecer a persoa autora do cadro, pois os dereitos de autoría da obra expiran cando pasan 80 anos do falecemento da persoa creadora. É dicir: aínda que o cadro se pintase en 1910, se quen o pintou faleceu en 1950 aínda tería copyright. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí20 de setembro de 2023 ás 07:30 (UTC)[responder]
Primeira vez que o intento, polo que seguramente trabuqueime nalgunha parte; subín a tradución á sección de «SVG code», na parte de «Source code», pero non semella que se actualizase á imaxe. Parodper (conversa) 7 de febreiro de 2024 ás 16:56 (UTC)[responder]
Bos días. Teño dúbidas sobre o uso de fotos aparecidas en xornais antigos. Por exemplo esta, que quixera usar para ilustrar o artigo correspondente. Entendo que podería facelo, xa que o autor neste caso, Antonio Portela, faleceu fai 97 anos. Estou no certo? O criterio nestes casos serían os anos transcorridos dende a morte do fotógrafo? A ver se alguén me pode aclarar o asunto.