War of the Worlds | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | War of the Worlds |
Director | Steven Spielberg |
Produtor | Kathleen Kennedy Colin Wilson |
Guión | Josh Friedman David Koepp |
Baseado en | A guerra dos mundos de H.G. Wells |
Intérpretes | Tom Cruise Dakota Fanning Justin Chatwin Miranda Otto Tim Robbins |
Música | John Williams |
Fotografía | Janusz Kamiński |
Montaxe | Michael Kahn |
Estudio | Amblin Entertainment Cruise/Wagner |
Distribuidora | DreamWorks Pictures Paramount Pictures |
Estrea | 2005 |
Duración | 116 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $132 000 000[1] |
Recadación | $591 700 000 |
Na rede | |
http://www.dreamworks.com/wotw/ | |
War of the Worlds é un filme estadounidense dirixido por Steven Spielberg que se estreou no 2005. Baséase no libro A guerra dos mundos de H.G. Wells.
A historia da invasión da Terra polos marcianos e a terrible batalla que ten que librar a humanidade é o contexto no que ten que sobrevivir unha familia americana. Ray Ferrier (Tom Cruise) é un estibador divorciado e un pai nada modélico. Estando os seus fillos de visita na súa casa, estala unha tremenda e inesperada tormenta eléctrica. Uns momentos despois, Ray é testemuña dun acontecemento extraordinario que cambiará a súa vida e a dos seus para sempre: unha enorme máquina de tres patas emerxe do chan e arrásao todo.