Ready Player One | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ready Player One |
Director | Steven Spielberg |
Produtor |
|
Guión | Zak Penn Ernest Cline |
Baseado en | Ready Player One de Ernest Cline |
Intérpretes |
|
Música | Alan Silvestri |
Fotografía | Janusz Kamiński |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | SXSW: 11 de marzo de 2018[2] 29 de marzo de 2018 |
Duración | 140 minutos[3] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción e aventuras |
Orzamento | $175 000 000[4][5] |
Recadación | $582 000 000[6] |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/ready-player-one | |
|
Ready Player One é un filme estadounidense de 2018 producido e dirixido por Steven Spielberg, e escrito por Zak Penn e Ernest Cline, baseado na novela homónima de Cline. Está protagonizado por Tye Sheridan, Olivia Cooke, Ben Mendelsohn, Lena Waithe, T.J. Miller, Simon Pegg e Mark Rylance. A historia está situada no ano 2045, cando a maioría da humanidade emprega o software de realidade virtual OASIS para fuxir da desolación do mundo real. O adolescente orfo Wade Watts (Sheridan) descobre as pistas dun xogo oculto dentro do programa que promete ó gañador a propiedade total de OASIS, e únese a varios aliados para intentar completar o xogo antes de que unha grande empresa dirixida polo empresario Nolan Sorrento (Mendelsohn) poida facelo.
Ready Player One estreouse en South by Southwest o 11 de marzo de 2018, e foi distribuído por Warner Bros. Pictures nos cinemas dos Estados Unidos o 29 de marzo de 2018, en 2D, Real D 3D, IMAX e IMAX 3D. Recadou $582 millóns en todo o mundo, converténdose no sexto filme con maior recadación de 2018. Foi recibido con valoracións positivas por parte da crítica, que louvou os seus efectos visuais, ritmo rápido e a intepretación de Rylance. O filme ten algunhas diferenzas significativas respecto do libro; algúns críticos afirmaron que o argumento do filme supón unha mellora do material fonte.[7][8]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ready Player One |