Stadin Gimmat HIFK Naiset | |
---|---|
Fundación | 1982 Refundado: 2018 |
Cidade | Helsinqui, Uusimaa Finlandia |
Estadio | Malmin jäähalli (500 persoas) |
Liga | Naisten Liiga |
Campionatos | 1 |
Adestrador | Saara Niemi |
Afiliado(s) | HIFK Akatemia |
Cores | Azul, vermello e branco |
Na rede | |
https://stadingimmat.fi/ | |
O Stadin Gimmat ou HIFK Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Helsinqui (Finlandia). Foi fundado en 1982, e refundado en 2018. Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Malmin jäähalli, un pavillón con capacidade para 500 persoas.
Os maiores éxitos do equipo ata 2022 foron unha medalla de prata coseguida en 2022, así como tres medallas de bronce nas tempadas 1988, 1989 e 2021.
HIFK Naiset foi un dos equipos que participaron na tempada inaugural da máxima competición feminina de hóckey sobre xeo de Finlandia, a daquela denominada SM-sarja (renomeada Naisten Liiga en 2017).[1] O HIFK Naiset orixinal descendeu por problemas financeiros en 1989 e non volveu poñer ningún equipo no xeo durante as décadas seguintes.
En 2015 o club capitalino retomou o traballo con nenas creando a "Gimmat skulaa", unha escola de hóckey sobre xeo para nenas.[2]
O primeiro intento de HIFK por poñer un equipo feminino de novo no xeo foi para a tempada 2017-18, logo de que o daquela propietario do Espoo United, Jussi Salonoja, anunciara que suprimiría todas as actividades femininas do club, tanto en baloncesto como en hóckey sobre xeo, por motivos económicos. A mediados de agosto de 2017 a televisión pública finlandesa, Yle, apuntaba a que se terían ofrecido as actividades do United feminino, así como unha praza na liga, se ben inicialmente prevíase que o equipo disputara os seus partidos como local en Espoo.[3] con todo finalmente as negociacións non chegaron a materializarse e o retorno de HIFK tivo que atrasarse.
O actual equipo foi fundado en 2018, comezando a competir dende a segunda categoría, a Naisten Mestis. Ademais do primeiro equipo, HIFK puxo no xeo catro equipos de base de distintas idades e un equipo afeccionado.[2]
Na súa tempada debut, a 2018–19, o equipo foi o gran dominador da Mestis, gañando os seus dez partidos (un deles na prórroga), e conseguindo un rexistro de 43 goles a favor por tan só 9 en contra nun equipo no que salientaron especialmente Saara Niemi (3+15), Miressa Mäkelä (8+6) e Fanny Jalonen (7+6).[4] Deste xeito HIFK clasificouse para a liga de clasificación para na Naisten Liiga xunto con RoKi,[4] na que as xogadoras da capital comezaron derrotando a RoKi (1-0) e Lukko (10-1) na primeira fin de semana de competición.[5] Finalmente HIFK conseguiu finalizar na primeira posición a liga de clasificación para a Naisten Liiga, conseguindo deste xeito o ascenso á máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés logo dunha gran tempada. O equipo só encaixou dúas derrotas na liguiña contra KJT Haukat (3-2) en Kerava e fronte a Lukko (3-2) en Rauma.[6][7]
No verán de 2019 chegou ao club capitalino a destacada veterana Karoliina Rantamäki, que viña de xogar no SKIF Nizhny Novgorod da liga rusa as doce tempadas anteriores, e que foi designada capitá do equipo.[8][9] A tempada 2019-20 comezou co torneo de apertura da liga, desta volta disputado en Kuopio. O equipo recentemente ascendido comezou con forza a nova tempada gañando 1-6 a Sport no seu debut, mais na segunda xornada caería (3-6) fronte ás anfitrioas do torneo de apertura, KalPa, se ben o equipo axiña mudou a dinámica e gañou os seguintes encontros para situarse na segunda posición da táboa.[10][11][12] O equipo non foi quen de manter a dinámica gañadora e unha serie de malos resultados as afundiron ata a sétima posición, mais con opcións de clasificarse para o grupo superior ao chegar ás dúas últimas xornadas cun punto menos que Ilves,[13] mais finalmente as derrotas ante K-Espoo e HPK apartaron a HIFK do grupo inferior, tendo que loitar con TPS, Lukko e Sport, así como cos equipos da Mestis RoKi e APV, por unha das dúas prazas para os play-offs.[14] Finalmente o equipo conseguiu clasificarse para os play-offs ao finalizar o grupo inferior na primeira posición con nove vitorias e tan só unha derrota.[15]
O nome Stadin Gimmat significa literalmente Mulleres de Helsinqui ou Rapazas de Helsinqui. O nome emprega a lingua falada na capital finlandesa: Stadi é o nome de Helsinqui na fala local (o "n" final indica o xenitivo) e Gimma significa muller ou rapaza (engadindo o "t" forma o plural).[16][17]
As Stadin Gimmat xoga os seus partidos como local no Malmin jäähalli.[18] A pista de xeo, inaugurada o 2 de marzo de 2006, está situada no distrito de Malmi e ten capacidade para 500 persoas.[19]
O equipo ten xogado tamén como local no Helsingin jäähalli, no distrito de Töölö da capital de Finlandia.[2][20] Precisamente neste estadio o equipo proclamouse campión finlandés por primeira vez na súa historia o 21 de marzo de 2023 ante 1 311 persoas.[21]
Actualizado a 14 de febreiro de 2024.[22]
# | Nac | Xogador/a | Posición[a] | S/G[b] | Idade | Adquirido/a | Lugar de nacemento |
---|---|---|---|---|---|---|---|
30 | Miia Vainio | G | E | (20 anos) | |||
31 | Blanka Skodova | G | E | (26 anos) | Šternberk, República Checa | ||
33 | Kiia Lahtinen | G | E | (20 anos) | Porvoo, Finlandia | ||
34 | Emmi Laitajärvi | G | E | (17 anos) | Ikaalinen, Finlandia | ||
4 | Siiri Yrjölä | D | E | (19 anos) | Vantaa, Finlandia | ||
7 | Nelly Andersson | D | D | (17 anos) | Kotka, Finlandia | ||
12 | Ilona Palin | D | E | (18 anos) | Raseborg, Finlandia | ||
12 | Aada Holm | D | E | (18 anos) | Mäntsälä, Finlandia | ||
15 | Mikaela Saukkonen | D | E | (24 anos) | Hyvinkää, Finlandia | ||
16 | Heidi Holmberg | D | E | (17 anos) | Mikkeli, Finlandia | ||
22 | Eveliina Kitula | D | D | (19 anos) | Helsinqui, Finlandia | ||
24 | Olivia Huttunen | D | E | (17 anos) | Helsinqui, Finlandia | ||
26 | Satu-Maaria Vihervuori | D | E | (19 anos) | Vantaa, Finlandia | ||
88 | Athena Locatelli (A) | D | E | (33 anos) | Bourg-de-Péage, Francia | ||
92 | Olivia Kylliäinen | D | E | (20 anos) | Lappeenranta, Finlandia | ||
9 | Nellie Karlberg | F | E | (19 anos) | |||
11 | Karoliina Rantamäki (C) | F | E | (46 anos) | Vantaa, Finlandia | ||
13 | Veera Huotari | F | E | (25 anos) | Oulu, Finlandia | ||
14 | Aino Lehikoinen | F | E | (15 anos) | Helsinqui, Finlandia | ||
18 | Michaela Pejzlová | F | E | (27 anos) | Pardubice, República Checa | ||
20 | Erica Korhonen | F | E | (18 anos) | Kirkkonummi, Finlandia | ||
23 | Johanna Kemppainen (A) | F | E | (26 anos) | Mäntsälä, Finlandia | ||
25 | Sehana Galbrun | F | (18 anos) | Saint-Martin-d'Hères, Francia | |||
29 | Anni Pere | F | E | (20 anos) | |||
39 | Sara Suhonen | F | E | (19 anos) | Vantaa, Finlandia | ||
72 | Clara Rozier | F | D | (26 anos) | |||
76 | Pauliina Salonen | F | E | (19 anos) | Turku, Finlandia | ||
86 | Sanni Vanhanen | F | E | (19 anos) | Nokia, Finlandia | ||
91 | Julia Liikala (A) | F | E | (23 anos) | Peräseinäjoki, Finlandia |
Dende a súa refundación en 2018 o equipo tivo dúas capitás. A primeira delas foi Saara Suomikallio, que capitaneou o equipo no seu debut na Mestis. Co ascenso á máxima categoría chegou a veterana xogadora internacional coa selección finlandesa Karoliina Rantamäki, que foi nomeada capitá do equipo, posto que ostenta na tempada 2022-23.
Nome(s) | Período |
---|---|
Saara Suomikallio | 2018–19 |
Karoliina Rantamäki | 2019– |
Dende o regreso á competición do equipo feminino de HIFK, Saara Niemi (de solteira Tuominen) dirixe é a súa adestradora. A tempada antes do debut das Stadin Gimmat Niemi dirixiu o equipo chinés Kunlun Red Star da CWHL, co que chegou á final.[2]
Nome(s) | Período |
---|---|
Saara Niemi | 2018– |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stadin Gimmat |
Equipos 2023–24 | |
---|---|
Tempadas |
|
Antigos equipos |
|
Trofeos e recoñecementos |
|
Outros artigos |
| |||||||||
Competicións e equipos masculinos |
| ||||||||
Competicións e equipos femininos |
| ||||||||
Antigas competicións |