Kiekko-Espoo | |
---|---|
Fundación | 1984 |
Cidade | Espoo, Uusimaa Finlandia |
Estadio | Espoo Metro Areena (6 982 persoas) |
Liga | Mestis |
Campionatos | 1 (2023) |
Adestrador | Tomas Westerlund |
Cores | Azul mariño, dourado, azul |
O Kiekko-Espoo é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Espoo, Finlandia. O equipo foi fundado en 1984 e xoga os seus partidos como local no Espoo Metro Areena, un estadio con capacidade para 6 982 persoas. Dende a tempada 2020-21 xoga na Mestis, a segunda liga en importancia do hóckey sobre xeo masculino en Finlandia.
No club destaca o seu equipo feminino, denominado Kiekko-Espoo Naiset, ou simplemente Kiekko-Espoo ou K-Espoo, que compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tapiolan urheilupuisto.
Fundado en 1988, é o equipo máis laureado do hóckey sobre xeo feminino finlandés, tendo dominado o campionato nacional durante a década de 2000. En total, o equipo conquistou o campionato quince veces, sendo a última vez que alzou a Aurora Borealis Malja en 2022.