Ilves Naiset Akatemia | |
---|---|
Fundación | 2023 |
Cidade | Tampere, Pirkanmaa Finlandia |
Estadio | Varias |
Liga | Naisten Suomi-sarja |
Director | Yin Tuorila |
Adestrador | Anna Pietilä |
Afiliado(s) | Ilves Naiset (Naisten Liiga) |
Cores | Verde, amarelo, negro e branco |
Na rede | |
https://ilvesnaiset.com |
O Ilves Naiset Akatemia é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere, Finlandia. Trátase dun equipo de formación creado polo Ilves en 2023, cando comezou a competir na Naisten Suomi-sarja.
A principios do mes de xaneiro de 2023 o Ilves anunciou que inscribira un novo equipo para disputar na primavera dese mesmo ano a terceira categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Suomi-sarja,[1] na que tomaron parte os dez equipos peor clasificados da Naisten Mestis, a segunda categoría.[2] O obxectivo do club era dar máis oportunidades de xogo ás xogadoras de hóckey sobre xeo, polo que a base do equipo foron principalmente rapazas dos equipos U18 e U15.[1]
O equipo técnico escollido para o inicio do proxecto estivo integrado por persoas con experiencia e relación co club, estando liderado por Anna Pietilä, coordinadora do hóckey feminino na área de Pirkanmaa, así como por Rami Kujala, Janne Huurtela e Kari Uusimaa, que contaron co soporte de Marjo Voutilainen, adestradora do primeiro equipo. Pola súa banda, Tytti Uusimaa foi nomeada capitá, mentres que Sini Laineesta e Tilda Heimosta foron as vicecapitás.[3]
O Ilves Akatemia debutou na Naisten Suomi-sarja o 15 de xaneiro de 2023 na súa visita ao Salo HT,[3] partido que finalizou con derrota para o equipo de Tampere por 12-0.[4] O seu primeiro partido como local tivo lugar o 29 de xaneiro no Hervannan jäähalli fronte ás Pelicans nunha nova derrota (0-3).[5] A primeira vitoria do equipo non chegou ata o 26 de febreiro, cando o equipo derrotou por 11-2 ao Turku HC en Sentteri RK.[6] Tilda Heimo foi a autora do primeiro gol do equipo o 21 de xaneiro durante o partido que enfrontou ao Ilves Akatemia fronte ao HIFK N18 en Helsinqui.[7] Ao finalizar a tempada o equipo ocupou a derradeira posición da táboa cunhas soa vitoria e once derrotas, anotado só 22 goles e encaixando 116.[8][9]
Na súa primeira tempada o equipo non tivo unha sede fixa, senón que disputa os seus partidos como local en diferentes estadios de Tampere coñecidos polas persoas afeccionadas ao hóckey sobre xeo feminino e xuvenil da cidade, como o Hervannan jäähalli ou o Tesoman jäähalli.[3]
Na súa segunda tempada o Ilves Akatemia xoga os seus partidos como local en Tesoma, mais ocasionalmente tamén xoga ocasionalmente en Sentteri.
A primeira capitá do equipo foi Tytti Uusimaa durante a tempada 2023 da Naisten Suomi-sarja, na segunda tempada do equipo a súa capitá pasou a ser Milja Kiiskilä.[3][10][11]
Nome(s) | Período |
---|---|
Tytti Uusimaa | 2023 |
Milja Kiiskilä | 2023- |
Na primeira tempada do equipo Anna Pietilä foi a encargada de dirixilo.[3] O 14 de agosto de 2023 o equipo anunciaba na súa conta de Facebook que Tony Suoniemi sería o novo adestrador xefe para a tempada 2023-24, con opción a unha segunda.[12]
Nome(s) | Período |
---|---|
Anna Pietilä | 2023 |
Tony Suoniemi | 2023- |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ilves Naiset Akatemia |
Club |
|
---|---|
Historia | |
Persoal |
|
Pavillóns |
|
Números retirados | |
Outros |
|
| |||||||||
Competicións e equipos masculinos |
| ||||||||
Competicións e equipos femininos |
| ||||||||
Antigas competicións |