Solanum elaeagnifolium | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Planta con flores, bagas inmaturas (verdes con raias, no centro), e bagas do ano anterior (laranxas na parte superior esquerda) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
Ver texto |
Solanum elaeagnifolium[1] é unha planta solanácea común nativa do sueste dos Estados Unidos, que ás veces é unha mala herba no oeste de Norteamérica e tamén se encontra en Suramérica.[2]
Solanum elaeagnifolium describiuna A. J. Cavanilles. A planta que foi descrita con este mesmo nome por W. Herbert e C. L. Willdenow baseándose en E.G. von Steudel é, en realidade, Solanum aethiopicum.
É unha planta perenne de 10 cm[3] a 1 m de altura. Os talos están cubertos de pelos espiñentos parecidos aos pelos das ortigas,[4] que poden ser moi poucos nalgunhas plantas a formar unha cuberta densa noutras. As follas e talos están cubertos con pelos suaves (tricomas) que ocultan a superficie da planta, dándolle unha aparencia prateada ou cincenta.[2]
As follas son de ata 15 cm de longo e 0,5 a 2,5 cm de largo, con beiras onduladas pouco pronunciadas, o cal a distingue da especie estreitamente relacionada S. carolinense, que ten follas máis anchas e con indentación máis profunda. As flores aparecen de abril a agosto e teñen cinco pétalos unidos para formar unha estrela, de cor azul a lavanda claro ou ocasionalmente brancas; cinco estames amarelos e un pistilo forman unha parte central proxectada. A planta produce bagas amarelas brillantes, laranxas ou vermellas que duran todo o inverno e poden volverse marróns cando secan.[2]
O seu rango de distribución vai nos Estados Unidos de Kansas ao sur de Louisiana, e cara ao oeste a través dos estados que lindan con México e no propio México, e tamén se encontra en Uruguay, Arxentina e Chile.[5] Pode ser que se orixinase en Norteamérica e que se introducise accidentalmente en Suramérica[6] ou á inversa.[5] Pode crecer en solos pobres con moi pouca auga. Reprodúcese por rizomas e por sementes e é común en hábitats alterados. Considérase unha mala herba daniña en 21 dos estados de EUA e en países onde se pode introducir como Australia, Exipto, Grecia, India, Israel, Italia, Suráfrica e Zimbabwe.[7] É tóxica para o gando e moi difícil de controlar, xa que cachos de raíces con menos de 1 cm de longo poden rexenerar a planta.[8] Porén, algúns xardineiros recoméndana como planta oramental de xardíns de climas secos (xeroxardíns).
Os indios pima usaban as súas bagas como callo vexetal, e os kiowas usában as súas sementes xunto con tecido cerebral animal para curtir coiro.[6]
A inxestión da planta foi sinalada como causa da toxicose por ivermectina en cabalos ao que se lle deu a dose recomendada do fármaco, que debería ser inocua. Especúlase que os metabolitos da planta alteran a barreira hematoencefálica, permitindo que a ivermectina a traspase e altere as funcións neurotransmisoras no cerebro e medula espiñal do animal.[9]
Esta planta foi descrita con moitos nomes, todos agora inválidos. Entre eles hai moitos homónimos:[10]
Varias variedades e formas de S. elaeagnifolium recibiron nomes. Xeralmente non son consideradas taxonomicamente distintas:[10]
S. elaeagnifolium var. ovalifolium non se refire a S. ovalifolium descrita por Dunal e non pertence á actual especie; é en realidade S. aridum. Por outra parte, S. crispum var. elaeagnifolium é a normal S. crispum de Ruiz e Pavón Jiménez.[10]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Solanum elaeagnifolium |