Nome orixinal | (de) Carl (Karl) Ludwig von bear |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de agosto de 1765 Berlín |
Morte | 10 de xullo de 1812 (46 anos) Berlín |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Residencia | Reino de Prusia |
País de nacionalidade | Reino de Prusia |
Educación | Universidade de Halle-Wittenberg (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Lugar de traballo | Berlín |
Ocupación | farmacéutico , profesor universitario , micólogo , médico , pteridólogo , taxonomista , botánico , naturalista |
Empregador | Universidade Humboldt de Berlín Collegium Medicum (en) Jardim Botânico de Berlim (pt) |
Membro de | |
Alumnos | Alexander von Humboldt |
Lingua | Lingua alemá e lingua latina |
Obra | |
Obras destacables
| |
Doutorando | Karl Sigismund Kunth (pt) |
Abreviación dun autor en botánica | Willd. |
Carl Ludwig Willdenow, nado en Berlín o 22 de agosto de 1765 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1812, foi un botánico, pteridólogo, micólogo e farmacéutico alemán. É considerado un dos fundadores da Fitoxeografía, o estudo da distribución xeográfica das plantas. Tamén foi mentor de Alexander von Humboldt un dos máis coñecidos e precoces fitoxeográfos.
Tras estudar Farmacia proseguiu os seus estudos en Medicina e Botánica na Universidade de Halle obtendo o título de Doutor en Medicina en 1789. Traballou como farmacéutico en Berlín. En 1789 traballa como profesor de "Historia Natural" no Collegium medico-chirurgicum. En 1801 é profesor de botánica na nova Universidade de Berlín. En 1810 é nomeado director do Xardín Botánico de Berlín, cargo que mantivo até a súa morte.
En 1811 traballou en París analizando as plantas traídas por Alexander von Humboldt da súa viaxe por Suramérica. Interesouse na adaptación das plantas ao clima, demostrando que nun mesmo clima presentábanse plantas con características comúns. O seu herbario, que contiña máis de 20.000 espécimes, aínda se conserva en Berlín.
Debido a unha enfermidade volveu a Berlín onde morreu.
Willdenow foi un dos máis famosos biólogos sistemáticos debido sobre todo á fundación da dendroloxía.
A abreviatura «Willd.» emprégase para indicar a Carl Ludwig Willdenow como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.[1]