Rancho de Reis | |
---|---|
Rancho de Reis de Guláns (ca. 1920) | |
Orixe cultural | Galiza |
Zona de conservación | Comarca do Condado Comarca de Vigo |
Un rancho de reis é unha agrupacións musical formada, durante as festas de reis, por cantadores, danzantes e músicos, para percorrer a veciñanza pedindo o aguinaldo[1].
A tradición dos ranchos de reis, antigamente máis estendida, consérvase hoxe unicamente en sete lugares[2] das comarcas do Condado e Vigo: Riofrío[3], Guláns[4], Fozara[5], As Cortellas[6], Fornelos[7], Lourido[8] e Salceda de Caselas[9].
Estes grupos festeiros xúntanse os días cinco e seis de xaneiro para solicitar o aguinaldo polas casas cos seus cantos[10] e bailes. Habitualmente era un gaiteiro, xunto a tambor e bombo, o encargado de subministrar a música, porén, tamén os cantadores se valían dos denominados instrumentos humildes, é dicir, calquera dos utensilios propios do fogar ou do traballo.[11]
A diferenza doutras formacións similares, como os bandos, que só cantan, ou as rondallas, que só tocan, os ranchos incorporan danzas de reis[12] ao seu repertorio. Nestas danzas, encadradas entre as chamadas danzas brancas, empréganse arcos, castañolas, paus e fitas e os danzantes van adornados con sombreiros, xoias, colares, plumas, teas de cores, e outra indumentaria rechamante. Nalgúns lugares as danzas dos ranchos acompañan tamén as procesións relixiosas do día de reis.[13]
Música, canto e baile tradicional de Galicia | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ||||||||||||||||
Cantares |
| |||||||||||||||
Baile |
| |||||||||||||||
Danza de arcos · Danza de castañolas · Danza de cintas · Danza de espadas · Danza de paus · Danza de Reis | ||||||||||||||||
Glosario |