Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.)
Sella galega decorativa.

Unha sella é un recipiente troncocónico xeralmente de madeira, aínda que tamén existen de metal ou cerámica, empregado antigamente para o trasego de auga. As sellas eran empregadas dende antigo para ter auga fresca nas casas.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son recipientes de base máis ampla que a parte superior e están feitas xeralmente de madeira de xeito similar aos toneis. A auga enchoupa a madeira e sela o contido. No exterior a sella de madeira ten reforzos de metal, xeralmente tres. A sella leva tamén dúas asas aos lados e sobre a sella, no lateral, póñense en letras grandes as iniciais cos nomes da casa para a identificación ao ir á fonte. A inicial do nome do home e o da muller. A sella complétase cunha capa, xeralmente de metal, e a ferrada: o cazo que se emprega na casa para tomar a auga.

Na actualidade a sella séguese a empregar pero unicamente como elemento decorativo.

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sella.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]