Coros galegos
Aires da Terra, considerado o primeiro coro galego
Orixe culturalGalicia Galicia
Instrumentos típicosVoz
Gaita galega
Tambor
Bombo

Denomínanse coros galegos a algúns grupos corais de diversos tipos aparecidos dende finais do século dende finais do século XIX ata mediados do século XX, caracterizados por basear a súa estética, estilo musical e repertorio na música tradicional galega.

Historia

[editar | editar a fonte]

A creación dos coros galegos hai que enmarcala dentro dun movemento musical moito máis amplo chamado coralismo, que ten lugar en Europa ao longo do século XIX e que ten como piares a popularización da interpretación vocal musical e, en certos casos, a reivindicación da música popular. Este último punto resulta fundamental nos coros galegos, que se diferencian dos orfeóns na súa reivindicación dunha estética enxebre.

Malia o seu repertorio ser de orixe tradicional, a interpretación pasaba por unha harmonización previa. Os coros foron transmisores dunha cultura que tiña orixe nunha sociedade rural pero que se transmitía a unha sociedade urbana, xurdida do desenvolvemento económico.

A procura do enxebrismo tamén tiña reflexo na posta en escena: os intérpretes aparecían en escena cun traxe tradicional. Aínda que idealizando a estética escénica e musical (provocado polas ideas da época e a necesidade comercial), non diminúe a calidade artística que acadaron e o papel de xeradores de identidade nacional que tiveron na súa época.

Cronoloxía dos coros galegos

[editar | editar a fonte]
Perfecto Feijoo en 1919, vestido como se fose un cego ambulante de finais do XIX

1875

1879

1880

1882

1883

1900

1914

1915

1916

1917

1918

1921

1923

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Diccionario de la música española e iberoamericana, Tomo IV, p.26 (Entrada Coros, de Ferrer, Nagore)
  2. Tato Fontaíña, Laura; O teatro galego e os coros populares (1915-1931)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]