Ourebia ourebi | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ourebia ourebi Zimmermann, 1783 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Antilope ourebi Zimmermann, 1783 [2] | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Ourebia ourebi é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.[3][4]
É unha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, na que se recoñecen nove subespecies,[5] unha delas extinta.[3]
O xénero describiuno en 1842 o zoólogo, paleontólogo e debuxante francés Charles Léopold Laurillard, in d'Orbigny, Dict. Univ. D'Hist. Nat., 1: 622.[3]
A especie fora descrita bastantes anos antes, en 1782, polo zoólogo alemán Eberhard August Wilhelm von Zimmermann, en Geogr. Gesch. Mensch. Vierf. Thiere, 3: 268.[3]
Tanto o nome xenérico, Ourebia, como específico, oribi derivan do afrikaans oribi, probabelmente préstamo do khoisa (dialecto nama) dos hotentotes, arab.[6]
Como quedou dito, recoñécense na especie nove subespecies,[5] unha delas extinta.[3][7]
En case todos os idiomas utilízase o nome africaans que, sendo palabra aguda, en galego, como en castelán, portugués e catalán, debemos escribir oribí.
O oribí é un antílope pequeno de constitución grácil, con orellas ovaladas, estreitas e rematadas en punta patas esveltas e longo pescozo. Mide entre os 75 e 115 cm lonxitude de cabeza e tronco, cunha cola de 7 a 23 cm; a súa alzada (altura na cruz) oscila entre os 47 e so 60 cm. O seu peso varía entre os 10 e 20 kg. Só o macho presenta cornos, curtos (de 15 a 19 cm), rectos, verticais e paralelos, e rematados en punta. As femias, similares aos machos (pero sen cornos) é normalmente de maior tamaño que os machos (circunstancia rara entre os antílopes). a pelaxe é suave, sedosa, de coloración xeral parda cara amarelada (semellante á das vacas rubias) na caneza e no lombo, que contrasta co ventre branco; as patas son da mesma cor que a cabeza e o lombo, e presentan unha guedella de pelos longos nos xeeonllos; a cola é rubia apardazada, escura e coa porción final negra, notoriament despregada cando o animal corre.[8][9]
O oribí encóntrase nunha ampla variedade de hábitats, desde sabanas, arbustivas e arboradas, non lonxe de auga, chairas de inundación e pasteiros tropicais con herbas altas (de 10 a 100 cm) e pasteiros montanos a altitudes de até os 4 000 m.[8][10][11][12]
A súa área de distribución é moi ampla na África subsahariana (de aí que teña tantas subespecies). Encóntrase en Angola, Benín, Botswana, Burkina Faso, o Camerún, o Chad, ambos os Congos (a República do Congo e a República Democrática do Congo) Costa do Marfil, Eritrea, Etiopía, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Kenya, Lesotho, Malaui, Malí, Mozambique, Níxer, Nixeria, República Centroafricana, República Surafricana, Ruanda Senegal, Serra Leoa, Somalia, Eswatini, Sudán, Sudán do Sur, Tanzania, Togo, Uganda, Zambia e Zimbabue. Posibelmente extinta en Burundi.[1][13] (Véxase o mapa).
Diúrno e crepuscular, e pouco activo durante as calorosas horas centrais do día, permanecendo escondido nos pasteiros altos cerca dos arbustos. Cando se sente ameazado emite asubíos agudos o esbirros ruidosos e penetrantes; así mesmo, comeza a saltar no aire coas catro patas rectas e tesas. Ten un característico paso saltarín, alternando con altos brincos ocasionais.[8][14]
Herbívoro, come habitualmente herbas dos pasteiros, pero tamén follas de arbustos. Bebe regularmente, aínda que pode absterse de facelo durante certo tempo se é necesario.[8][10]
Ourebia ourebi reprodúcese durante todo o ano, aínda que hai un pico de celo durante a estación seca.[15] Durante este último, todas as glándulas do macho redobran a súa actividade secretora. Isto pretende, por un lado, levar a cabo un marcado importante do territorio e, por outro, informar e ser recoñecido pola femia.[11] Efectuada a cópula, a xestación dura entre 195 e 210 días (5,5 a 6 meses). As crías nacen ao comezo da temporada de chuvias, e teñen un peso ao nacer non superior a 1,5 ou 2 kg. Destétase ao cabo de 2 meses, pero xa pode comer herba tenra á semana de nacer. Ambos os sexos acanzan a madurez sexual á idade dun ano (entre os 10 e os 14 meses).[10][16]
Viven de 8 a 12 ans, 14 en catividade.[10][15]
Os oribís son presas de leopardos, leóns, guepardos, servais, caracais, aguias, serpes pitóns, crocodilos, babuínos, chacais, hienas e licaóns.[10]
Nunha revisión da filoxenia da tribo dos antilopinos sobre a base de datos de xenes nucleares e mitocondriais en 2013, Eva Verena Bärmann (da Universidade de Cambridge) e os seus colegas informaron que a taxonomía do oribí é un taxon irmán de todaa todas as outras especies de antilopinos. O cladograma que presentaron baséase no estudo que realizaron en 2013.[17]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ourebia ourebi |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ourebia ourebi |