République de Côte d'Ivoire (fr) ![]() | |||||
Himno | L'Abidjanaise ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Union – Discipline – Travail» «Unity – Discipline – Work» «Единство - дисциплина - труд» ![]() | ||||
Nomeado en referencia a | almafí de elefante e Costa ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Yamoussoukro (1983–) ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 24.294.750 (2017) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua francesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 322.463 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte Nimba (1.752 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Golfo da Guinea (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1960 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Alassane Ouattara (2010–) ![]() | ||||
• Prime Minister of Ivory Coast (en) ![]() ![]() | Robert Beugré Mambé (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Ivory Coast (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 71.811.075.955 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | franco CFA de África Occidental ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ci ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +225 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 180 (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Código de país | CI ![]() | ||||
Páxina web | gouv.ci ![]() |
Costa do Marfil[1][2][3][4] (en francés: Côte d'Ivoire, [kot divwaʁ] (AFI), escoitar), oficialmente República de Costa do Marfil (en francés: République de Côte d'Ivoire), é un país africano. Limita ao norte con Malí e Burkina Faso, ao leste con Ghana, ao sur co océano Atlántico e ao oeste con Liberia e Guinea. A súa capital é Yamousoukro.
Pouco se coñece da historia da Costa do Marfil antes da chegada dos portugueses na década de 1460. Os principais pobos da rexión eran os kru, orixinarios de Liberia e os senoufo e os lobi, orixinarios de Burkina Faso e Malí. Nos séculos XVIII e XIX ocorreu unha migración de pobos de etnía Akan, que migraron de Ghana, e os Malinké, da actual Guinea.
Francia interesouse pola rexión na década de 1840, e estableceu contactos con xefes locais para ter o monopolio de comercio na área. Costa do Marfil foi colonia francesa ata o 1960 en que obtivo a independencia.
Entre 2002 e 2004 o país viviu unha Guerra civil: O norte rebelouse. 10.000 cascos azuis da ONUCN (Forza de Paz da ONU na Costa do Marfil), entre eles 4600 soldados franceses, foron posicionadas entre os belixerantes. A ONU interveu impoñendo sancións ao país por medio da Resolución 1761 do Consello de Seguridade.
O seu presidente-fundador foi Félix Houpbouët-Boigny ata 1993. Os seus sucesores foron, por orde :
Costa do Marfil está dividida en 19 rexións (régions) e 80 departamentos (départements). As 19 rexións son as seguintes:
Costa do Marfil ofrece unha gama variada de paisaxes, desde a sabana desértica ao norte ata a selva virxe. O límite sur márcano extensas praias. Esta zona, máis chuviosa, caracterízase polas grandes plantacións de produtos de exportación: café, cacao e banana. No norte a paisaxe vese conformada por unha meseta granítica recuberta de sabanas. Nesta área pequenos propietarios cultivan sorgo, millo e maní.
Mantendo lazos próximos con Francia desde a independencia en 1960, a diversificación da agricultura para a exportación, e o estímulo dos investimentos estranxeiros, fixo de Costa do Marfil un dos países tropicais africanos máis prósperos. No entanto, en anos recentes Costa do Marfil viuse suxeita a máis competencia e o descenso dos prezos no mercado global dos seus cultivos agrícolas principais: café e cacao. Isto, xunto cunha alta corrupción interna, fai a vida difícil para os agricultores e os que exportan a mercados estranxeiros.
No ano 2007, Costa do Marfil tiña unha poboación de 18 000 000 de habitantes. A esperanza de vida era de 49 anos. A media de fillos por muller era de 4.43. O 50.9% da poboación estaba alfabetizada. Calcúlase que o 7.0% da poboación estaba infectada co virus VIH (SIDA). Desde que se estabeleceu como unha das nacións mais prósperas economicamente de África occidental, cerca do 20% da súa poboación consiste en traballadores das veciñas Liberia, Burkina Faso e Guinea. Este feito ten orixinado permanentemente unha tensión crecente en anos recentes, principalmente debido ao feito de que gran parte destes traballadores son musulmáns, mentres que a poboación natural da Costa do Marfil é, esencialmente cristián (principalmente católica romana) e animista. A principal etnia é o pobo Baulé, con presenza na maior parte das zonas centrais.
O 4% da poboación é de orixe non africana. Hai moitos cidadáns franceses, británicos, e españois. Hai aínda unha minoría de misioneiros protestantes norteamericanos e canadenses.
Ultimamente, cerca de 50.000 franceses e outros europeos saíron da Costa do Marfil debido a fortes tensións políticas.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Costa do Marfil |