The Informer | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | O delator |
Director | John Ford |
Produtor | John Ford Cliff Reid |
Guión | Dudley Nichols |
Baseado en | The Informer, de Liam O'Flaherty |
Intérpretes | Victor McLaglen Heather Angel Preston Foster |
Música | Max Steiner |
Fotografía | Joseph H. August |
Montaxe | George Hively |
Estudio | RKO Radio Pictures |
Estrea | 9 de maio de 1935 |
Duración | 91 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 243 000 dólares[1] |
Recadación | 950 000 dólares[1] |
Na rede | |
O delator (en inglés: The Informer) é un filme estadounidense de 1935 dirixido por John Ford. O filme está ambientado na guerra civil irlandesa de 1922. O guión, escrito por Dudley Nichols, baséase na novela homónima do seu primo Liam O'Flaherty, quen participou activamente na loita pola independencia de Irlanda. O filme gañou catro premios Óscar: mellor dirección (John Ford), mellor actor (Victor McLaglen), mellor guión (Dudley Nichols) e mellor música (Max Steiner).
Dublín, década de 1920. Gypo entrega o seu mellor amigo, compañeiro do IRA, a cambio de vinte libras para unha pasaxe aos Estados Unidos para el e a súa moza. Ademais de ver o seu amigo morto, pasa a ser perseguido pola banda como traidor.
Graham Greene eloxiou o filme nun artigo para The Spectator en 1935 describíndoo como "un filme memorable", cuxa substancia supón "material soberbio para a pantalla". Greene destacou especialmente a interpretación de Victor McLaglen, indicando que "nunca tivera unha actuación máis talentosa".[3]
Premio | Resultado | Candidato |
---|---|---|
Premios Óscar | ||
Mellor filme | Nomeado | RKO Radio (John Ford, produtor) |
Mellor director | Gañador | John Ford |
Mellor actor | Gañador | Victor McLaglen |
Mellor guión | Gañador | Dudley Nichols |
Mellor montaxe | Nomeado | George Hively |
Mellor música | Gañador | Max Steiner |
Outros premios | ||
National Board of Review, mellor filme | Gañador | |
New York Film Critics Circle Awards, mellor filme e mellor director | Gañador | |
Festival Internacional de Cine de Venecia, copa Mussolini | Nomeado | John Ford |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O delator |