Fillo dun director de escola, tivo unha mocidade difícil con varias tentativas de suicidio. Estudou en Oxford e tras graduarse traballou como xornalista, primeiro en Nottingham e logo foi redactor xefe de The Times (1926-1930), tras coñecer a Vivien Greene converteuse ao catolicismo e o feito relixioso condicionou as súas novelas. En 1941 ingresou no Foreign Office e foi recrutado polo M16, a axencia de espionaxe británica. Durante a segunda guerra mundial estivo destinado en Serra Leoa. En 1954 foi correspondente de prensa en Indochina.
O estilo das súas novelas é contemporáneo e realista, os seus personaxes aparecen atormentados pola dúbida e marcados por unha vida desarraigada e miserable.