Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo.
Irish Republican Army
(Exército Republicano Irlandés)
Organización terrorista IRA
Ano fundación 1916
Ideoloxía Nacionalismo irlandés, Marxismo
Vínculos Sinn Féin, Movemento pola Soberanía dos 32 Condados
Ámbito República de Irlanda, Irlanda do Norte
Líderes

O Exército Republicano Irlandés (do inglés Irish Republican Army, abreviado como IRA), é unha organización paramilitar republicana nacionalista irlandesa que xurdiu do grupo armado Óglaigh na hÉireann (do gaélico irlandés: Voluntarios Irlandeses). O seu brazo político é o Sinn Féin. Esta denominación xurdiu na batalla de Lime Ridge (2 de xuño do 1866) e foi adoptada polos membros da revolta da Pascua, a cal foi a súa primeira aparición militar, e durante toda a Guerra da Independencia Irlandesa (1919-1921) loitou contra o exército británico ata o recoñecemento do Estado libre de Irlanda. Tras a guerra da independencia moitos dos seus membros integráronse no novo exército nacional. O nome de IRA seguiuse utilizando durante a Guerra Civil Irlandesa (1922-1923) referíndose aos partidarios republicanos contrarios ao tratado que permitía a separación de Irlanda do Norte. Tras a guerra civil fixo atentados de pouca entidade e non foi ata 1969 cando reapareceu en Irlanda do Norte.

Divisións

O IRA dividiuse ao longo da súa historia:

Das orixes ao proceso de paz

A primeiros da primeira guerra mundial o goberno británico prometeu que concedería unha certa autonomía a Irlanda cando se acabase a guerra, pero con tal de que os seis condados de Irlanda do Norte quedaran excluídos do control do parlamento irlandés. Isto provocou unha hostilidade dos unionistas do norte que quedou reflectida na creación, no ano 1913, do corpo miliciano, unionista e protestante Forza de Voluntarios do Ulster (UVF), a cal opúñase á autonomía irlandesa. Algúns nacionalistas pensaban que esta autonomía era demasiada baixa e instigaron a revolta do luns de Pascua (o Levantamento de Pascua). De feito hai dúas datas en que se considera que empezou a Guerra da Independencia: no levantamento de Pascua (24 de abril de 1916) ou o 21 de xaneiro de 1919 cando Sean Tracy (membro do IRA) matou dúas alguacís A data máis recoñecida, porén, é o 21 de xaneiro de 1919.

Na posterior Guerra Civil Irlandesa o IRA dividiuse en dúas faccións: a dos partidarios do Tratado Angloirlandés e a dos que non o eran. As negociacións por conseguir a reunificación do grupo duraron seis meses e acabou coa guerra. Tras a guerra civil unha boa parte integrouse no exército da república.

Ata a escisión do PIRA do OIRA, o grupo vaise manter inactivo con algúns atentados de pouca entidade. Aínda así estes atentados, nun momento en que en Irlanda facía pouco que se aprobara a constitución que afirmaba a independencia do país e que polo tanto renunciáse á esperanza de que toda a illa formase parte do Estado Libre de Irlanda, produciron que o parlamento irlandés ilegalizara a banda armada no ano 1939.

O IRA provisional foi o que continuou a loita armada. Ao pouco da súa fundación (1971), fundouse a UDA (Asociación de Defensa do Ulster), un grupo paramilitar unionista protestante que loitaba en contra do IRA. Apoiábaos o DUP (Partido Unionista Democrático), liderado actualmente polo reverendo Ian Paisley. houbo varios enfrontamentos armados entre estes que acabaron con vítimas dos dous grupos e tamén civís. Isto produciu un clima de gran inseguridade en Irlanda do Norte. En 1981 10 presos republicanos morreron facendo unha folga de fame en que reclamaban que, posto que non cometeran ningún delito de sangue, os recoñecesen como presos políticos.

O proceso de paz

O Acordo de Belfast (ou Acordo do Venres Santo) foi un paso adiante no proceso de paz. Foi asinado en Belfast o 10 de abril de 1998 entre os gobernos irlandés e británico e varios partidos políticos.

O acordo significou que o IRA Provisional abandonase as súas actividades armadas. Como xa se explicou anteriormente algúns membros do PIRA que non estaban de acordo co fin da violencia escindíronse formando a IRA Auténtico. O IRA da Continuidade tampouco asinou este acordo.

O 28 de novembro do 2005 o PIRA anunciou nun comunicado que deixaba as armas para adicarse, segundo as súas palabras "ao desenvolvemento de programas puramente políticos e democráticos". A diferenza entre o acordo de paz de Belfast co do 2005 é que no segundo é o PIRA e non o Sinn Fein quen asina o tratado (e ata o propón). A banda vaise desarmar diante da Comisión Internacional Independente de Desarmamento.