O cabaleiro escuro: a lenda renace | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Dark Knight Rises |
Director | Christopher Nolan |
Produtor | Emma Thomas Christopher Nolan Charles Roven |
Guión | Jonathan Nolan Christopher Nolan |
Baseado en | Batman de Bob Kane |
Intérpretes | Christian Bale Michael Caine Gary Oldman Anne Hathaway Tom Hardy Marion Cotillard Joseph Gordon-Levitt Morgan Freeman |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | Wally Pfister |
Montaxe | Lee Smith |
Estudio | Legendary Pictures Syncopy Films DC Comics |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Nova York: 16 de xullo de 2012 23 de setembro de 2015 (TVG) |
Duración | 165 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $250–300 000 000[1] |
Recadación | $1 100 000 000 |
Filme anterior | O cabaleiro escuro |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/dark-knight-rises | |
O cabaleiro escuro: a lenda renace (en inglés: The Dark Knight Rises) é un filme estadounidense dirixido por Christopher Nolan que se estreou no 2012. Estreouse en galego na TVG o 23 de setembro de 2015.[2]
Pasaron oito anos dende que Batman desapareceu, deixando de ser un heroe para converterse nun fuxitivo. Ó asumir a culpa da morte do fiscal do distrito Harvey Dent, o Cabaleiro Escuro decidiu sacrificalo todo polo que consideraba, ó igual que o Comisario Gordon, un ben maior. A mentira funciona durante un tempo, xa que a actividade criminal da cidade de Gotham vese aplacada grazas á estrita Lei Dent. Pero todo muda coa chegada dunha astuta gata ladroa que pretende levar a cabo un misterioso plan. Porén, moito máis perigosa é a aparición en escena de Bane, un terrorista enmascarado cuxos desapiadados plans obrigan a Bruce a regresar do seu exilio.