Tenet | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tenet |
Director | Christopher Nolan |
Produtor |
|
Guión | Christopher Nolan |
Intérpretes |
|
Música | Ludwig Göransson |
Fotografía | Hoyte van Hoytema |
Montaxe | Jennifer Lame |
Estudio |
|
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 26 de agosto de 2020 3 de setembro de 2020 |
Duración | 150 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido[2] Estados Unidos[2] |
Xénero | Suspense e acción |
Orzamento | 200 millóns de dólares[3] |
Recadación | 363,1 millóns de dólares[4][5] |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/tenet | |
|
Tenet é un filme británico-estadounidense de 2020 escrito e dirixido por Christopher Nolan, que el mesmo produciu xunto con Emma Thomas. Está protagonizado por John David Washington, Robert Pattinson, Elizabeth Debicki, Dimple Kapadia, Michael Caine e Kenneth Branagh. O filme conta a historia dun axente secreto que aprende como manipular o fluxo do tempo para previr un ataque do futuro que ameaza con aniquilar o mundo presente.
Nolan dedicou máis de cinco anos a escribir o guión despois de cavilar sobre as ideas centrais de Tenet durante máis dunha década. A preprodución comezou a finais de 2018, co proceso de selección de elenco realizada en 2019. A fotografía principal durou seis meses dende maio até novembro, en Dinamarca, Estonia, a India, Italia, Noruega, o Reino Unido e os Estados Unidos. O fotógrafo Hoyte van Hoytema rodou en 70 mm e IMAX. As escenas de manipulación do tempo foron rodadas tanto cara a adienta como cara a atrás. Usáronse máis de cen buques e miles de extras.
A estrea foi posposta tres veces por mor da pandemia de COVID-19, mais finalmente estreouse no Reino Unido o 26 de agosto de 2020, e nos Estados Unidos o 3 de setemro de 2020 en IMAX, 35 mm e 70 mm. Foi un dos primeiros filmes de Hollywood en estrearse masivamente nos cinemas despois do confinamento da pandemia, e recadou 363 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no quinto filme con maior recadación de 2020. Porén, a recadación foi considerada un fracaso debido ó seu elevado orzamento de produción e comercialización e á escasa distribución nos cinemas durante a pandemia. O filme recibiu valoracións positivas, con eloxios ás secuencias de acción, efectos visuais, banda sonora, fotografía e interpretacións, mentres que a historia e a edición de son recibiron peores críticas. O filme recibiu dous nomeamentos ós Premios Óscar, ó mellor deseño de produción e mellores efectos visuais na 93ª edición dos premios.