Edward Thomas Hardy,[1] nado en Hammersmith, Londres o 15 de setembro de 1977[2] é un actor e produtor inglés.
Aos vinte e un anos participou no concurso Find Me a Supermodel, polo que conseguiu un breve contrato con Models One.[3] Neses anos e ata mediados dos vinte loitou contra as adiccións ao alcohol e á cocaína. Entrou en rehabilitación e mantívose sobrio dende 2003.[4]
En setembro de 1998 uniuse ao Drama Centre London e pouco despois logrou o papel do soldado John Janovec na miniserie Band of Brothers.[5] Debutou no cinema con Black Hawk Down, de Ridley Scott.[6]
En 2015 interpretou a Max Rockatansky en Mad Max: Fury Road.[7]
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2001 | Black Hawk Down | Spc. Lance Twombly | Acreditado como Thomas Hardy |
2002 | Star Trek: Nemesis | Shinzon | |
2003 | The Reckoning | Straw | |
2003 | dot the i | Tom | |
2003 | LD 50 Lethal Dose | Matt | |
2004 | Layer Cake | Clarkie | |
2006 | Minotaur | Theo | |
2006 | Marie Antoinette | Raumont | |
2006 | Scenes of a Sexual Nature | Noel | |
2007 | Flood | Zack | |
2007 | WΔZ | Pierre Jackson | |
2007 | The Inheritance | Dad | |
2008 | Sucker Punch | Rodders | |
2008 | RocknRolla | Handsome Bob | |
2008 | Bronson | Charles Bronson/Michael Peterson | |
2009 | Thick as Thieves | Det. Michaels | |
2009 | Perfect | Doctor | Curtametraxe |
2010 | Orixe | Eames | |
2011 | Sergeant Slaughter, My Big Brother | Dan | Curtametraxe |
2011 | Tinker Tailor Soldier Spy | Ricki Tarr | |
2011 | Warrior | Tommy Riordan Conlon | |
2012 | This Means War | Tuck Hansen | |
2012 | O cabaleiro escuro: a lenda renace | Bane | |
2012 | Lawless | Forrest Bondurant | |
2013 | Locke | Ivan Locke | |
2014 | The Drop | Bob Saginowski | |
2015 | Child 44 | Leo Demidov | |
2015 | Mad Max: Fury Road | Max Rockatansky | |
2015 | London Road | Mark | |
2015 | Legend | Ronald Kray e Reginald Kray | |
2015 | The Revenant | John Fitzgerald |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tom Hardy |