Medalla Elias Brenner | |
---|---|
Outorgada pola Sociedade Numismática Sueca | |
Tipo | Ao mérito numismático. |
Graos | Único. |
Elixibilidade | Numismáticos suecos e estranxeiros. |
Outorgada por | Promoción do coñecemento da numismática sueca. |
Estado | Suecia |
Descrición | Medalla de prata. |
Estadísticas | |
Establecida | 1976 |
Primeira outorgada | 1976 (Vera Ekström) |
Última outorgada | Concesión anual vixente. |
Premiados | Ver listaxe no artigo. |
A medalla Elias Brenner é un recoñecemento ao mérito numismático outorgado pola Sociedade Numismática Sueca (Svenska numismatiska föreningen –SNF–).[1]
Trátase dunha medalla de prata que a xunta directiva da Sociedade concede anualmente, desde 1976, a un ou varios cidadáns suecos ou estranxeiros distinguidos pola promoción do coñecemento da numismática en Suecia.[1]
De concorreren razóns extraordinarias, a medalla pode entregarse bañada en ouro (Vera Ekström, 1977; Torgny Lingren, 1981).[1]
A medalla de prata foi creada en 1976 polo medallista franco-sueco Léo Holmgren. O seu anverso reproduce o retrato do numismático sueco Elias Brenner (1647-1717) realizado polo gravador Adolf Lindberg (1839-1916), coa lenda dividida en tres seccións: ELIAS BRENNER na súa parte superior: NAT[us]. MDCXLVII OB[iit]. MDCCXVII ás beiras, e NUMMOS SUECICOS PRIMUS COLLEGIT & EXPLICAVIT no exergo.[1]
No seu reverso amósase o emblema da Sociedade Numismática Sueca e, tres coroas unidas nun anel, rodeado pola lenda SOCIETAS NUMISMATICA SUECICA CONDITA ANNO MDCCCLXXIII, e no medio PRO / MERITIS.[1]