Xob e os tres amigos

O Libro de Xob (en hebreo אִיּוֹב, Iyov) é un libro da Biblia que forma parte dos chamados sapienciais. É unha reflexión, en forma de diálogo, sobre o sentido do sufrimento. Nas Biblias cristiás adoita situarse no primeiro lugar dos sapienciais.

Sinopse

[editar | editar a fonte]

Xob, un home piadoso e bendicido por Deus con riquezas e fillos, ve probada a súa fe coa enfermidade a perda da súa familia e a pobreza. No medio do sufrimento, uns amigos, Elifaz, Bildad e Sofar, veñen consolalo e comezan a dialogar sobre o sentido do mal e do sufrimento humano, que é o eixo do libro. Este diálogo complétase coa intervención dun quinto personaxe, Elihú, e culmina coa intervención do propio Iavé. O libro remata coa restitución a Xob da saúde e o patrimonio.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

O libro consta dun corpo central en forma de diálogo, que se divide en varias seccións, máis un prólogo e un epílogo narrativos:

  1. Intervencións de Elifaz, Bildad e Sofar e respostas de Xob (capítulos 3-31).
  2. Intervención de Elihú e resposta de Xob (capítulos 32-37).
  3. Deus fala desde o trebón (capítulos 38-41)

Autor e data de composición

[editar | editar a fonte]

Para poder falar da autoría do libro, hai que facer primeiro unhas observacións sobre o contido:

Con estes datos os expertos falan de tres fases compositivas:

En canto á data de composición, dáse como máis probable o século IV.

O tema da retribución

[editar | editar a fonte]

O xudaísmo veterotestamentario non cría nunha vida máis alá da morte. Os mortos baixaban ao Xeol unha morada dos mortos similar ao Hades grego. Non había un ceo ou inferno no que os homes poidesen ser premiados ou castigados polas súas acións na terra.

Pero si crían que Deus premiaba e castigaba as boas ou malas accións, só que este premio ou castigo cumpríase nesta vida. Boa saúde e longa vida, fillos e bens materiais eran os medios polos que Deus premiaba as boas accións. Consecuentemente, o pobre, enfermo ou estéril era, en realidade, un pecador castigado por Deus.

Esta crenza víase reforzada polo forte sentido comunitario e de pertenza á famila ou a tribo propio da cultura xudía. Podía ser que a desgraza dunha persoa boa e xusta fora causada polo pecado dalgún dos seus antergos. Do mesmo xeito, o malvado ao que todo lle ía ben podería ter descendentes moi desafortunados que cargarían coas consecuencias dos pecados del.

Tamén podía ser que toda unha colectividade pagara polo pecado dalgún dos seus membros. Así, o pecado do Rei David de intentar facer un censo de Israel, é castigado por Deus cun andazo que afecta a todo o pobo.

Críticas

[editar | editar a fonte]

Esta postura ortodoxa e maioritaria vai recibir fortes críticas:

A retribución en Xob

[editar | editar a fonte]

O libro enfronta as dúas posturas ante o tema, a ortodoxa, representada polos tres amigos e máis por Elihú e a crítica, representada por Xob.

As argumentacións dos tres amigos baséanse nunha exposición da postura ortodoxa, botando man dos argumentos propios dos mestres da lei. Pola contra, Xob fai unha reflexión máis experiencial, unha defensa da coherencia e xustiza da súa propia vida.

O autor do libro pecha a reflexión coa intervención do propio Deus. Aínda que dun xeito que tampouco pecha o tema. Deus e tan omnipotente e tan superior ao home, que este só pode acatar a súa vontade, pero non pode aspirar a entender o porqué dela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Libro anterior:
2 Crónicas
Xob
(Libros sapienciais)
Libro seguinte:
Salmos