As cartas paulinas son unha división dos libros do Novo Testamento. As cartas paulinas abranguen todas as cartas que, ao longo da súa predicación, Paulo de Tarso lles foi enviando a distintas comunidades cristiás.
O autor deste grupo de escritos é o apóstolo Paulo de Tarso, aínda que algúns expertos consideran que nalgunhas cartas como Colosenses ou as chamadas cartas pastorais, puido haber un traballo posterior de edición ou refundición. Foron compostas nun prazo de tempo que vai desde o ano 37, data da I Carta aos Tesalonicenses, ata os anos sesenta, xa na catividade en Roma.
Tal como as atopamos hoxe nas versións modernas da Biblia, as cartas ordénanse por tamaño, da máis longa á máis breve:
As cartas a Timoteo e a Tito, adoitan agruparse nunha categoría específica dentro do corpus paulino que se coñece como Cartas pastorais. Debe o nome ao seu contido, centrado na organización da Igrexa, deixando de lado cuestións teolóxicas propias das outras cartas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cartas paulinas |
Libros da Biblia | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Divisións maiores |
| ||||||||||||||
Canon | Desenvolvemento: Antigo Testamento • Novo Testamento • Canon cristián Outros: Libros deuterocanónicos • Apócrifos: Bíblicos • Novo Testamento | ||||||||||||||
Máis divisións | Historia • Antigo Testamento • Pentateuco • Libros históricos • Libros episódicos • Libros sapienciais • Profetas Maiores e Menores • Novo Testamento • Evanxeos sinópticos • Corpus Xoánico • Cartas paulinas, Cartas pastorais • Cartas Católicas • Literatura apocalíptica • Capítulos e versículos | ||||||||||||||
Versións e Manuscritos | Biblia dos Setenta • Texto masorético • Vetus Latina • Vulgata Latina • Pentateuco samaritano • Manuscritos do Mar Morto ou de Qumrán • Tárgum • Diatesarón • Fragmento de Muratori • Peshitta • Manuscritos do Novo Testamento | ||||||||||||||
Véxase tamén | Autores • Outros libros citados na Biblia • Estudos • Concilio de Iamnia • Sínodo de Hipona • Crítica textual | ||||||||||||||