Lena | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lena |
Director | Gonzalo Tapia |
Produtor | Piluca Baquero Elena Manrique Antón Reixa |
Guión | David Múñoz Gonzalo Tapia Antonio Trashorras |
Intérpretes | Marta Larralde Manuel Manquiña Roberto Álvarez |
Música | José Carlos Mac |
Fotografía | Carles Gusi |
Montaxe | Ángel Hernández Zoido |
Estrea | 2001 |
Duración | 108 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama |
Orzamento | 1.682.890 € |
Recadación | 212.862 € |
Na rede | |
Lena é un filme galego de 2001 dirixido por Gonzalo Tapia. Foi rodado orixinalmente en lingua castelá na cidade de Vigo. O seu director é o asturiano Gonzalo Tapia e a cinta está protagonizada por Marta Larralde, actriz viguesa para a cal esta película supuxo o seu debut.
Foi comercializado en DVD con son en galego.
A película conta a historia de Lena (Marta Larralde), unha rapaza de dezaoito anos que vive no barrio portuario de Bouzas, en Vigo. Non ten unha vida nada fácil: orfa de nai, Gorrión (Manuel Manquiña), o seu pai, é un borracho eternamente en paro ou metido en trapicheos de pouca monta. Desde cativa Lena tivo que resolver os seus propios asuntos. É unha moza lista e responsable; a súa sensatez contrasta co descontrol do seu pai. Cando a mafia local lle dá unha malleira a Gorrión acusándoo de ter quedado cunha importante suma de cartos, a vida de Lena pasa a ter un único obxectivo: impedir que maten o seu pai.
Ademais da propia Marta Larralde (Lena) e Manuel Manquiña no papel do seu pai, nesta cinta participaban outros actores galegos populares coma é o caso de Luís Tosar, Eva Fernández, Luis Zahera ou Celso Bugallo.
O elenco completo é o seguinte: