Felisa Manzano Conde, coñecida artisticamente como Fely Manzano, nada en Ourense o 13 de maio de 1942[1] e finada o 7 de abril de 2017,[2] foi unha actriz galega.[3]
Coñecida para o gran público galego polo seu papel da señora Carme na comedia Pratos Combinados da TVG, tiña unha longa experiencia en teatro, ademais de ser actriz de dobraxe e publicidade e ter participado en multitude de curtametraxes e longametraxes.
Fely Manzano estivo casada co actor Antonio Lagares.
- Contar (Manuel Abad, 1994).
- Distrito Picasso (Chema Gagino, 1994).
- Coruña imposible (Paco Rañal, 1995).
- Vídeo doméstico (Chema Gagino, 1995).
- Alzheimer (Álex Sampayo, 2000).
- A mercería (Marise Brostel, 2000).
- As Muxicas (Carlos Alberto Alonso Iglesias, 2002).
- Hermanos (Oskar Bilbao, 2004).
- Rosas (Mikel Fuentes, 2005).
- O reflexo da lembranza (Roberto Rego, 2007).
- Foi merecedora do Premio á mellor actriz no II Festival de Cine e Video de San Telmo (Buenos Aires, Arxentina 2004) pola curtametraxe As Muxicas.
- Estivo nomeada aos premios Mestre Mateo 2007 como mellor actriz secundaria polo seu papel na película Un Franco, 14 pesetas.
- Acadou o Premio á mellor actriz na Facultade de Comunicación de Pontevedra en xuño de 2010 pola interpretación de Carmen na curtametraxe La señora Carmen.
- No 2012 recibiu o premio á Mellor Actriz Protagonista no Nasicae Short Movie Festival (Italia) pola curtametraxe Dulce, de Iván Ruiz Flores[4].
Ano |
Categoría |
Resultado
|
2014 |
Premio de Honra Fernando Rey |
Gañadora
|