Infotaula de personaJosito Porto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1967 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , músico Editar o valor em Wikidata

Facebook: josito.porto.7 Instagram: josito_porto Editar o valor em Wikidata

Xosé Antonio Porto, máis coñecido como Josito Porto, nado en Vilagarcía de Arousa o 16 de maio de 1967, é un actor e músico galego.[1]

Ten participado en múltiples obras de teatro, series de televisión e programas como o Luar.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Interesouse dende novo polo teatro e a música, iniciándose na primeira metade da década de 1980 no grupo de teatro Clámide de Arealonga e na banda de gaitas Froalla.[2] En 1988 formou xunto a varios amigos, entre eles Manuel Seixas, a banda de rock Korosi Dansas, de estilo experimental e reivindicativo.[3] Con este grupo, no que cantaba e tocaba o baixo, editou dous discos e participou no Xabarín Club, aportando dous temas ("Os Ghalisáns" e "Xuntos e revoltos") ao compilatorio A cantar con Xabarín.[4] Trala separación da banda en 1997, formou o grupo Magritte xunto a músicos ourensáns.[2]

No ámbito teatral, participou en ducias de obras e dende os anos 90 traballou no Centro Dramático Galego, en Teatro de Adro e en Sarabela Teatro, poñéndose ás ordes de directores como Cándido Pazó, Quico Cadaval ou Lino Braxe.

Ten formación en varios cursos de música e arte dramática. Traballou no Centro Dramático Galego, en Teatro de Adro e en Sarabela Teatro.[5] Polos seus traballos teatrais foi galardoado ata seis veces nos Premios María Casares e resultou finalista en varios máis.[6]

O seu primeiro papel na televisión chegou na serie A familia Pita de 1997 e tras aparecer tamén en Mareas vivas deuse a coñecer ao gran público co seu papel de Tuto na serie de éxito da Televisión de Galicia Pratos combinados, papel que interpretou entre os anos 2000 e 2006.[2]

Obra

[editar | editar a fonte]

Teatro[7]

[editar | editar a fonte]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Música

[editar | editar a fonte]

Premios

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "Josito Porto". IMDb. Consultado o 2022-07-16. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Frieiro Santaya, Fátima. "Entrevista a Josito Porto, actor e músico". eSmás. Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  3. "MANIFESTO "FUNDACIONAL". VERÁN 1988". manuelseixas.com. Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  4. "O “rock de batea” de Korosi Dansas" (en castelán). 29 de maio de 2011. Consultado o 23 de xuño de 2024. 
  5. "Josito Porto AVG AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2022-07-16. 
  6. 6,0 6,1 "Josito Porto presenta as súas 'Laretadas' esta fin de semana en Cambados e Gondomar". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-07-16. 
  7. "Josito Porto". aaag.gal. Consultado o 2022-07-16. 
  8. "Josito Porto: «Alucino cando vou por espazos que habitaba cando era neno»". La Voz de Galicia. 2022-02-28. Consultado o 2022-07-16. 
  9. Diario, Nós (2023-09-15). "Sarabela leva Sechu Sende ao teatro". Nós Diario. Consultado o 2023-09-16.