Lebres
Lepus

Lebre europea (Lepus europaeus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Lagomorpha
Familia: Leporidae
Xénero: Lepus
Linnaeus, 1758
Especie tipo
Lepus timidus
Linnaeus, 1758
Subxéneros e Especies
Véxase o texto

Reciben o nome común de lebres as especies do xénero Lepus, o tipo da familia dos lepóridos, sendo chamadas o resto "coellos" de forma común. Tal división dos lepóridos non é científica, pois non responde a unha realidade dende o punto de vista evolutivo, senón a observacións sobre o seu aspecto e hábitos.

Características

[editar | editar a fonte]

Polo xeral, dise que as lebres son os lagomorfos coas orellas e os ollos máis desenvolvidos, son máis lixeiras e veloces (algunhas especies chegan ata case os 80 km/h),[1] non constrúen coelleiras senón simples leitos nos acobillos do terreo e paren crías provistas de pelo e cos ollos abertos. Porén, existen excepcións a algúns destes trazos xerais, como por exemplo os coellos do xénero Sylvilagus, que non constrúen coelleiras como os coellos europeos, pero que non se consideran lebres.

Polo xeral as lebres son animais de figura lixeira e patas traseiras moi adaptadas para a carreira. As orellas, xeralmente longas, varían en lonxitude dunhas especies a outras, sendo máis longas e amplas naqueles animais que viven en climas desérticos como a lebre de California, chamada popularmente jackrabbit nos Estados Unidos, mentres que as que viven en climas fríos, como a lebre ártica, son proporcionalmente máis pequenas e aseméllanse ás dos coellos. Todas as especies posúen un oído moi agudo e probablemente é o principal sentido á hora de detectar aos seus eventuais depredadores, aínda que tamén dispoñen dunha boa vista e olfacto. Ao mínimo indicio de perigo o animal comeza unha frenética carreira que, nalgunhas especies como a lebre europea, inclúe constantes cambios de sentido e rodeos para confundir ao atacante.

A lonxitude e cor da súa pelaxe varía en cada especie, pero sempre adaptado para camuflarse coa contorna. A lebre ártica varía de cor cada ano, sendo parda en primavera e verán, gris en outono e branca en inverno. Son completamente vexetarianas e a súa dieta é similar á dos coellos.

As lebres son animais solitarios, aínda que non lles importa a presenza doutros conxéneres nos arredores do seu territorio. Tan só pelexan na época de cío (variable segundo as especies). As lebres europeas macho apenas comen durante este período de tempo (primavera) e pasan o día loitando cos seus rivais, golpeándose coas patas dianteiras nunha especie de boxeo ritual. En Inglaterra, o dito popular Estás máis tolo ca unha lebre marceira ten a súa orixe nesta conduta. Curiosamente, as femias que non aceptan emparellarse loitan cos pretendentes rexeitados do mesmo xeito que estes se desfán dos seus competidores.

O que todas as lebres teñen en común entre si é o feito de pariren crías (lebratos ou lebrachos) moi precoces e seren especies moi prolíficas. Paren entre 3 e 8 crías en cada parto e cada femia é capaz de producir máis de 4 camadas ao ano. Viven en todos os continentes, salvo Oceanía (aínda que en Australia foron introducidas recentemente) e na Antártida.

As lebres constitúen as presas de multitude de mamíferos carnívoros e aves de presa, e son unha especie de interese cinexético en todo o mundo. Nalgunhas zonas as lebres son transmisoras da tularemia, unha enfermidade infecciosa que tamén afecta aos humanos.

Diferenzas coas especies próximas

[editar | editar a fonte]

As lebres son lagomorfos e non roedores. Distínguense deles pola dentición (os lagomorfos teñen dous pares de dentes incisivos no maxilar superior), así como pola ausencia de báculo (óso peneano).

No seo dos lagomorfos cómpre tamén diferenciar as chamadas "lebres verdadeiras" das picas, tamén denomionadas lebres asubiadoras ou lebres ananas, que se clasifican nunha familia diferente (a dos ocotónidos).

Tamén hai notables diferenzas cos coellos:

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero Lepus foi descrito en 1758 por Linneo na páxina 57 do volume 1º do seu Systema Naturae.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Nome científico

Linneo tomou o nome Lepus do latín clásico lĕpus.

Nome vulgar en galego

O termo lebre vén do latín clásico lĕpus ou, máis exactamente, do acusativo lĕpŏrem, do que procede *lĕpŏre do latín vulgar.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais do nome que lle impuxo Linneo, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguints:[3]

Clasificaión

[editar | editar a fonte]

Na actualidade, recoñécense dentro do xénero os subxéneros e especies seguintes:[3]

Xénero Lepus Linnaeus, 1758

Na Península Ibérica atópanse tres especies diferentes:

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 V. Battaglia: Lièvre Arquivado 22 de novembro de 2018 en Wayback Machine. en dinosoria.com:Consultada o 30 de decembro de 2018.
  2. Fédération des éleveurs de lièvres de France Arquivado 16 de abril de 2014 en Wayback Machine..
  3. 3,0 3,1 3,2 Lepus Linnaeus 1758 en MSW.
  4. Lepus (Eulagos) Gray, 1867 no ITIS.
  5. Lepus (Indolagus) Gureev, 1953 no ITIS.
  6. Lepus (Lepus) Linnaeus, 1758] no ITIS.
  7. Lepus (Macrotolagus) Mearns, 1895 no ITIS.
  8. Lepus (Poecilolagus) Lyon, 1904 no ITIS.
  9. Lepus (Proeulagus) Gureev, 1964 no ITIS.
  10. Lepus (Sabanolagus) Averianov, 1998 no ITIS.
  11. Lepus (Sinolagus) Averianov, 1998 no ITIS.
  12. Lepus (Tarimolagus) Gureev, 1947 no ITIS.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]