![]() Hermann Staudinger | |
Nome orixinal | (de) Hermann Staudinger ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de marzo de 1881 Worms, Alemaña ![]() |
Morte | 8 de setembro de 1965 Friburgo ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | ![]() |
País de nacionalidade | alemán |
Educación | |
Director de tese | Daniel Vorländer (pt) ![]() ![]() |
Coñecido por | |
Actividade | |
Campo de traballo | |
Lugar de traballo | Friburgo ![]() |
Ocupación | químico , enxeñeiro , profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade de Freiburg im Breisgau ETH Zürich Universidade de Karlsruhe (pt) ![]() Universidade de Estrasburgo ![]() |
Membro de | Academia de Ciências de Heidelberg (pt) ![]() ![]() Leopoldina Academia de Ciências da Baviera (pt) ![]() ![]() |
Alumnos | Leopold Ruzicka ![]() |
Lingua | Lingua alemá ![]() |
Obra | |
Doutorando | |
Arquivos en |
|
Familia![]() | |
Cónxuxe | |
Fillos | Hansjürgen Staudinger (pt) ![]() ( ![]() ![]() |
Premios | |
![]() | |
Hermann Staudinger, nado o 23 de marzo de 1881 en Worms (Alemaña) e finado o 8 de setembro de 1965 en Friburgo (Alemaña), foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1953.
Naceu na cidade de Worms, situada no estado alemán de Renania-Palatinado. Fillo dun profesor de filosofía de Darmstadt, estudou química na Universidade de Halle, onde se doutorou en 1903, pensando en dedicarse máis tarde á bioloxía.
En 1907 foi nomeado profesor de química na Universidade de Estrasburgo, para pasar posteriormente pola Escola Superior Técnica de Karlsruhe en 1908, dar clases na Escola Superior Técnica Eidgenössische de Zúric, e na de Friburgo en 1926.
En 1934, o filósofo Martin Heidegger, reitor de Friburgo, decatouse de que Staudinger solicitara a cidadanía suíza durante a primeira guerra mundial, polo que o denunciou ante o ministerio de Educación local como un pacifista oculto. O ministerio solicitoulle a renuncia, pero Staudinger rexeitou, polo que o tema foi deixado de lado ante o escándalo internacional que puidese haberse suscitado.
Staudinger morreu na súa residencia de Friburgo, situada no estado de Baden-Württemberg.
Staudinger comeza as súas investigacións estudando os polímeros. En maio de 1922 publica un artigo na revista Helvetica Chimica Acta onde acuña o termo macromolécula e senta as bases da polimerización. En 1926 expón a súa hipótese de que un polímero é unha longa cadea de unidades pequenas unidas por enlaces covalentes.
Desde 1926 en adiante foi docente da Universidade de Friburgo.
Desde 1935 ampliou o seu estudo das solucións de polímeros aos poliésteres, o que lle permitiu descubrir a relación que vincula a viscosidade e o peso molecular.
Desde 1940 foi, ademais, investigador principal do Instituto de Química Macromolecular.
En 1953 recibiu o Premio Nobel de Química «polos seus descubrimentos no campo da química macromolecular». A súa muller, Magda Woit, foi coautora de varios dos seus traballos científicos.
Predecesor: Archer John Porter Martin e Richard Laurence Millington Synge |
Premio Nobel de Química![]() 1953 |
Sucesor: Linus Pauling |