Herbert A. Hauptman
Herbert Hauptman, recibindo unha condecoración Doutor Honoris Causa en 2009
Datos persoais
Nacemento14 de febreiro de 1917
LugarNova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento23 de outubro de 2011
LugarBuffalo Estados Unidos de América Estados Unidos
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Cónxuxe
  • Edith Citrynell
  • Actividade
    Campo
  • Matemáticas
  • Alma máter
  • Universidade de Maryland
  • Director de teseJerome Karle e Richard Albert Good
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • desenvolvemento de métodos directos
  • PremiosPremio Nobel de Química (1985)
    editar datos en Wikidata ]

    Herbert Aaron Hauptman, nado o 14 de febreiro de 1917 en Nova York e finado en Buffalo o 23 de outubro de 2011, é un matemático americano galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1985.

    Traxectoría

    Nado en Nova York, foi o fillo máis vello de Israel Hauptman e de Leah Rosenfeld.

    Interesouse pola ciencia e as matemáticas desde mozo, e graduouse na Universidade de Nova York en 1937. En 1939 recibiu un máster na Universidade de Columbia.

    Máis tarde, colaborou con Jerome Karle no laboratorio de investigación naval de Washington, D.C. e ao mesmo tempo matriculouse para a carreira de filosofía na Universidade Johns Hopkins de Baltimore en Maryland, da cal recibirá o título en 1954.

    Investigacións científicas

    Hauptman e Karle abordaron o problema do desenvolvemento de métodos directos para a determinación de estruturas cristalinas, obtendo os espectros correspondentes de difracción electrónica mediante instrumentos prácticos da súa propia invención e utilizando para a súa interpretación métodos probabilísticos, tamén chamados métodos directos, así mesmo orixinais.

    En 1970 únese ao grupo de investigación da Fundación Médica da Universidade estatal de Nova York en Buffalo, na que traballa como biofísico e da cal é escolleito director en 1972. Durante eses anos expón diferentes teorías sobre bioloxía molecular e a dinámica química, que serán desenvolvidas máis a fondo durante as décadas posteriores.

    En 1985 foi galardoado, xunto ao seu colaborador Jerome Karle, co Premio Nobel de Química pola súa contribución no desenvolvemento de métodos directos para determinar estruturas cristalinas.

    Ligazóns externas

    Predecesor:
    Robert Bruce Merrifield
    Premio Nobel de Química

    1985
    con
    Jerome Karle
    Sucesor:
    Dudley R. Herschbach,
    Yuan T. Lee
    e
    John Charles Polanyi