Frances Arnold
Nome completoFrances Hamilton Arnold
Nacemento25 de xullo de 1956
Lugar de nacementoPittsburgh
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Princeton, Universidade de California en Berkeley e Taylor Allderdice High School
Ocupaciónbioquímica, inventora, profesora universitaria e enxeñeira
PaiWilliam Howard Arnold
CónxuxeJay Bailey
PremiosMedalha Nacional de Tecnologia e Inovação, Prêmio Charles Stark Draper, Prêmio de Tecnologia do Milênio, Medalla Garvan-Olin, Prêmio FASEB de Excelência em Ciência, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Premio Nobel de Química, Raymond and Beverly Sackler Prize in Convergence Research, Society of Women Engineers Achievement Award, membro da Royal Academy of Engineering, 100 Mulleres da BBC, Fellow of the American Institute for Medical and Biological Engineering, Prêmio Bower de Realização em Ciência, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Medalla Benjamin Franklin, Member of the National Academy of Sciences of the United States, Fellow of the AAAS, Foreign Member of the Royal Society, Packard Fellowship for Science and Engineering, honorary doctor of ETH Zürich e Medalha Perkin
Na rede
http://www.che.caltech.edu/faculty/arnold_f/index.html
Twitter: francesarnold Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Frances Hamilton Arnold, nada en Pittsburgh o 25 de xullo de 1956, é unha científica e química estadounidense. Foi galardoada co Premio Nobel de Química no 2018 xunto a George P. Smith e Gregory Winter.[1] É pioneira na investigación de métodos de evolución dirixida para crear sistemas biolóxicos útiles, incluíndo enzimas, rutas metabólicas, circuítos de regulación xenética e organismos. É profesora de Linus Pauling de enxeñaría química, bioquímica e bioenxeñaría no Instituto de Tecnoloxía de California

Traxectoria

Primeiros anos e educación

Frances é filla de Josephine Inman e do físico nuclear William Howard Arnold [2] Frances graduouse no 1979 en Enxeñaría mecánica e Enxeñaría aeroespacial na Universidade de Princeton, onde se centrou en investigar sobre a enerxía solar. Despois de graduarse en Princeton traballou como enxeñeira en Corea do Sur, Brasil e no Solar Energy Research Institute de Colorado (agora chamado National Renewable Energy Laboratory). Anos máis tarde, no 1985 doutorouse en Química na Universidade de California en Berkeley, onde comezou a interesarse pola bioquímica.

Vida persoal

Frances Arnold vive en La Cañada Flintridge, California. Casou con James E.Bailey e tiveron un fillo, James. No 2001 Bailey morreu de cancro e anos máis tarde Frances volveu a casar co astrofísico de Caltech Andrew E.Lange co que tivo dous fillos, William e Joseph. No 2010 Andrew suicidouse e 6 anos máis tarde o seu fillo William morreu nun accidente. No 2005 Frances foi diagnosticada con cancro de mama e estivo baixo tratamento 18 meses.[3]

Recoñecementos

O traballo de Frances Arnold foi recoñecido e esta recibiu numerosos premios, entre eles o Premio Nobel de Química no 2018 polo seu traballo pioneiro en Evolución dirixida, converténdose así na quinta muller en recibir este premio nos seus 117 anos de existencia e na primeira estadounidense.

Tamén recibiu numerosos outros premios como:

Notas

  1. "The Nobel Prize in Chemistry 2018" (PDF) (en inglés). Academia de ciencias de Suecia. 210/2018. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de outubro de 2018. Consultado o 3/102018. 
  2. "William Howard Arnold" (en inglés). 2018-10-05. 
  3. "This Nobel winner lost a son and two husbands and survived cancer". NBC News (en inglés). Consultado o 2018-10-27. 
  4. "Pioneer of "Directed Evolution" Wins Lifetime Achievement Award | Caltech". The California Institute of Technology (en inglés). Consultado o 31/8/2017. 
  5. "Frances Arnold (Doctor of Science) accessdate=11/06/2017". Dartmouth College. 11/06/2017. 
  6. "Evolutionary engineer Francis Arnold wins €1m tech prize". 25/5/2016. Consultado o 25/5/2016. 
  7. "Doing the right things". ETH Zurich. 21/11/2015. Consultado o 23/11/2015. 
  8. "PRESS RELEASE: President Obama Honors Nation’s Top Scientists and Innovators". whitehouse.gov. 2012-12-21. Consultado o 25/5/2016. 
  9. "Recipients of the Charles Stark Draper Prize for Engineering" (en inglés). National Academy of Engineering. Consultado o 3/10/2018. 
  10. "Frances H. Arnold, Enzyme Engineering Award for 2007". www.engconf.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27/03/2019. Consultado o 21/6/2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas