Harry Potter and the Prisoner of Azkaban | |
---|---|
Desenvolvedor(es) |
|
Distribuidora(s) | EA Games |
Compositor(es) | Jeremy Soule |
Motor | Unreal Engine 2 (PC) RenderWare (consola) |
Lanzamento | Game Boy Advance e Microsoft Windows: América do Norte: 25 de maio de 2004 29 de maio de 2004 GameCube, PlayStation 2 e Xbox: 29 de maio de 2004 América do Norte: 2 de xuño de 2004 |
Xénero | Acción |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI |
Plataforma(s) | |
Serie | Harry Potter |
Na rede | |
http://harrypotter.ea.com/cofs/index.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Harry Potter and the Prisoner of Azkaban é o terceiro videoxogo da serie de Harry Potter, que foi lanzado á venda no 2004, simultaneamente coa estrea do filme co esmo nome, Harry Potter e o preso de Azkaban. Ámbalas dous cousas, o xogo e o filme, están baseados na terceira novela da saga Harry Potter, de J. K. Rowling. O xogo foi creado para PC (Windows), Game Boy Advance, Xbox, GameCube e PlayStation 2.
Harry, Ron e Hermione entéranse de que un perigoso home, Sirius Black, escapou do cárcere para magos, Azkaban, e que está, supostamente, buscando a Harry para matalo. Os tres amigos dominan os feitizos necesarios para facer fronte a Black. Porén, Black non é tan malo como aparenta: foi culpado dos asasinatos de trece persoas facía trece anos, pero o verdadeiro asasino, Peter Pettigrew, está escondido co disfrace do rato mascota de Ron, Scabbers. Xunto con Remus Lupin e Black, Harry, Ron e Hermione desenmascaran a Pettigrew. Usando un xiratempos, Harry e Hermione volven atrás no pasado e rescatan o hipogrifo de Hagrid, Buckbeak, e utilízano tamén para rescatar a Black.
(Tódolos personaxes comezan o xogo sabendo os feitizos Alohomora, Depulso, Lumos, Espongificación e Rictusempra).
(Tódolos personaxes comezan o xogo sabendo o feitizo Flipendo).