Harry Potter and the Goblet of Fire | |
---|---|
Desenvolvedor(es) |
|
Distribuidora(s) | Electronic Arts |
Compositor(es) | Jeremy Soule |
Motor | RenderWare |
Lanzamento | GBA, GC, PC, DS, PS2, Xbox América do Norte: 8 de novembro de 2005 11 de novembro de 2005 PSP América do Norte: 15 de novembro de 2005 18 de novembro de 2005 |
Xénero | Acción |
Modos de xogo | Un xogador e multixogador |
Clasificación | PEGI |
Plataforma(s) | |
Serie | Harry Potter |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Harry Potter and the Goblet of Fire é un videoxogo producido por Electronic Arts que foi oficialmente lanzado á venda o 11 de novembro do 2005, exactamente unha semana antes de que se estrease o cuarto filme. O xogo, como tamén o filme, están baseados en Harry Potter e o Cáliz de fogo, novela de J. K. Rowling e os seus máis importantes lanzamentos son para a PlayStation 2, Xbox, GameCube, PC e PlayStation Portable.
O xogo permite xogar con calquera dos tres personaxes protagonistas da historia (Harry Potter, Hermione Granger e Ron Weasley).
A diferenza doutras versións, neste videoxogo non se poderá ir con total liberdade polo castelo de Hogwarts, senón que o xogador se verá limitado a diversos lugares que terá que seleccionar nun menú á parte, e en cada un se terán que pasar certos obstáculos e retos.[1]
Ten unha xogabilidade tanto en modo multixogador como para xogar a un xogador. En caso de estar en modo singleplayer (un só xogador), os dous outros personaxes serán controlados por unha potente intelixencia artificial.[1]
Tamén ten un novo sistema para encantamentos e feitizos, permitíndolle ao xogador facer feitizos en conxunto ata cos tres personaxes ditos. A posibilidade de facer feitizos ou encantamentos de tal forma ten un fin de facelos máis poderosos. Así se poderán, por exemplo, erguer rochas de considerable tamaño.
Ademais conta coas xa famosas pílulas "Bertie Bott de tódolos sabores", que cumpren diversas funcións. A principal é a de facer ás veces de moeda. Tendo varias, poderanse mercar cromos, e así mellorar diversas características de Harry, Ron ou Hermione, tales coma ter máis resistencia e máis potencia en feitizos, entre outras cousas.
Harry Potter é elixido inexplicablemente como o cuartoparticipante para o Torneo dos Tres Magos no seu cuarto ano en Hogwarts. Durante o transcurso do ano no colexio debe aprender os feitizos e trucos necesarios para ser capaz de superar con éxito tres difíciles probas e, ao final do xogo, escapar da garras do infame e malvado mago Lord Voldemort.