Gamecube

A Nintendo GameCube é unha consola de 128 bits de Nintendo que debe o seu nome a súa forma de cubo.

Historia

[editar | editar a fonte]

No 1999 presentáronse os primeiros rumores sobre a nova consola de Nintendo, todo apuntaba que esta ía ser de cartuchos e compatible con Nintendo 64.

Nintendo presentou o proxecto Dolphin, xunto con IBM e ATI a cal sería en base a unha tarxeta gráfica de 128-bits, procesador de 400 Mhz e utilizaría o DVD. Para mediados de 2000, rumoreouse sobre a StarCube (nome clave da consola) e que a súa capacidade diminuía a 300 mhz. Nintendo en agosto do ano 2000, no "SpaceWorld 2000", revelou as primeiras imaxes da nova consola, Nintendo GameCube, coa súa capacidade de 485 Mhz e 128 bits que non diminuíron senón que aumentaron.

No E3 2001 presentouse oficialmente a consola de sobremesa con demos xogables (destacando "Super Smash Bros Melee" , "Kameo: Elements of Power", "Luigi's Mansion", e varias demos máis...) pero con diferenzas no deseño da consola: como na altura (de 15 cm a 11,4 cm), a bandexa do disco que xa non presentaba aberturas; as rañuras de expansión, que agora en vez de ser 2 eran 3; as digicards cambiaron de deseño; o mando cambiaba un pouco con mangos máis delgados; o cambio de forma da b e a súa cor de azul a vermello coma o botón start que cambia a súa cor e forma, pero seguiu sendo do agrado das persoas. Xa en 2005, Nintendo anunciou a súa sucesora, nome en clave Revolution, coa que esperaban revolucionar a industria dos videoxogos cunha nova forma de xogar.

Características

[editar | editar a fonte]

A consola ten forma de "cubo" (11,4 cm x 15 cm x 16 cm) de distintas cores como negro, morado, prateado e ouro (só no Xapón). Os seus controles e conectores están repartidos entre as súas caras:

Trátase da primeira consola de Nintendo que non funciona con cartuchos senón con mini-DVD (GODs). Estes mini-DVD miden 8 cm e son capaces de almacenar ata 1,5 xigabytes de información. Ademais, lense a gran velocidade.

Especificacións

[editar | editar a fonte]

Dispón dun procesador IBM e dun chipset gráfico de ATI o que lle proporciona unha gran potencia. En canto a son, ten calidade de CD.

Especificacións técnicas

[editar | editar a fonte]

o L1 - Instruction 32KB, Data 32KB (8 vías) o L2 - 256KB (2 vías)

Especificacións físicas

[editar | editar a fonte]

o 4 portos de mando de control o 2 rañuras Digicard "memorycard" o 1 saída analóxica SNS A/V Multiout o 2 portos de serie de alta velocidade (só en equipos fabricados antes do 22 de marzo de 2004, en equipos posteriores só un) o 1 porto paralelo de alta velocidade

Versións

[editar | editar a fonte]

Existen variadas versións e cores, as principais son negro, índico, laranxa, platino e ouro.

Existen 3 versións do sistema:

Accesorios

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]