Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 2 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1996. | ||
Trazado do circuíto de Interlagos. | ||
Data | 31 de marzo 1996 | |
Nome oficial | XXV Grande Prêmio do Brasil | |
Localización | Autódromo José Carlos Pace São Paulo, Brasil | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 4´325 km | |
Distancia | 71 voltas, 307´075 km | |
Clima | Mollado, logo secou con temperaturas de ata 24 °C[1] | |
Pole position | ||
Piloto | Damon Hill | Williams-Renault |
Tempo | 1:18.111 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Damon Hill | Williams-Renault |
Tempo | 1:21.547 na volta 65 | |
Podio | ||
Primeiro | Damon Hill | Williams-Renault |
Segundo | Jean Alesi | Benetton-Renault |
Terceiro | Michael Schumacher | Ferrari |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Gran Premio do Brasil de 1996 foi unha carreira de Fórmula 1 disputada o 31 de marzo de 1996 no Autódromo José Carlos Pace, São Paulo, Brasil baixo a choiva. Seis equipos diferentes obtiveron puntos, con Damon Hill repetindo vitoria logo da primeira rolda da tempada.
A dous pilotos locais, Marques e Diniz, anuláronlle os seus tempos de cualificación, respectivamente, un por se empurrado para arrincar e o outro por non pasar a pesaxe. Tiveron que comezar no fondo da grella.
Johnny Herbert comezou desde o pit lane logo de cambiar ao coche de reserva debido a problemas eléctricos.
Damon Hill, que gostaba de conducir baixo a choiva, tomou o liderado e gañou a carreira baixo estas difíciles condicións cunha cómoda marxe de 17 segundos. São Paulo viu a 15ª vitoria nun GP de Damon Hill e superou o récord establecido polo seu pai Graham Hill, que gañou 14 carreiras.
As principais batallas na carreira seguían entre Barrichello e Alesi, Alesi e Villeneuve, Schumacher e Frentzen e Schumacher e Barrichello.
Barrichello, quen clasificou segundo, perdeu terreo con Villeneuve e Alesi na primeira volta, pero mantívose pegado á parte traseira do Benetton e intentou superar a Alesi tres veces nas primeiras etapas da carreira, superouno na primeira curva pero tivo que abrirse na saída deixando que Alesi recuperase o posto.
Ao cabo dun tempo, Alesi recuperouse e comezou a atacar a Villeneuve polo 2º lugar. Despois dunha dura batalla, Villeneuve eventualmente sucumbiu á presión e trompeou. Aproximándose a media distancia, Alesi fixo unha breve excursión fóra da pista que permitiu finalmente a Barrichello ocupar o segundo lugar. Desafortunadamente para o brasileiro, tivo que facer o que se supoñía a que era a súa única parada de combustible na volta 35, cando a pista aínda estaba moi mollada para cambiar a pneumáticos lisos. Alesi, por outra banda, non tivo que entrar a boxes ata a volta 42, momento no que a pista estaba suficientemente seca para cambiar aos pneumáticos lisos. Isto forzou a Barrichello a facer unha parada non programada para cambiar a slicks, quedando por atrás de Alesi.
Para agravar a súa desgraza, Barrichello fixo o cambio demasiado tarde, tres voltas máis tarde que Schumacher, o que significou que tamén caeu detrás do alemán cando finalmente fixo a súa parada. Cun coche claramente máis rápido, Barrichello comezou a acosar a Schumacher polo último posto do podio. Con todo, o alemán non cedeu e, eventualmente, freou demasiado tarde e trompeou na grava ao final da recta posterior.
Con pouco tempo entre Melbourne e São Paulo, o Ferrari aínda estaba subdesenvolvido e Schumacher non mostrou o rendemento que posteriormente demostraría en Barcelona, por exemplo. Nos seus primeiros días en Ferrari, Schumacher usou as carreiras como sesións de proba.
Gerhard Berger tivo que estacionar o seu Benetton nos boxes despois de 27 voltas. O austríaco tivo dificultades durante a cualificación que non puido explicar. Como a carreira comezou baixo a chuvia, Berger tivo que conducir con coidado porque nunca antes pilotara o Benetton baixo a choiva. Non demasiado insatisfeito co seu rendemento, Berger experimentou cortes debido a problemas hidráulicos que empeoraron e finalmente forzaron ao coche a retirarse.
Tanto Martin Brundle como David Coulthard non chegaron á meta nas dúas primeiras carreiras desta tempada.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Damon Hill | Williams-Renault | 1:18.111 | |||
2 | 11 | Rubens Barrichello | Jordan-Peugeot | 1:19.092 | +0.981 | ||
3 | 6 | Jacques Villeneuve | Williams-Renault | 1:19.254 | +1.143 | ||
4 | 1 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:19.474 | +1.363 | ||
5 | 3 | Jean Alesi | Benetton-Renault | 1:19.484 | +1.373 | ||
6 | 12 | Martin Brundle | Jordan-Peugeot | 1:19.519 | +1.408 | ||
7 | 7 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 1:19.607 | +1.496 | ||
8 | 4 | Gerhard Berger | Benetton-Renault | 1:19.762 | +1.651 | ||
9 | 15 | Heinz-Harald Frentzen | Sauber-Ford | 1:19.799 | +1.688 | ||
10 | 2 | Eddie Irvine | Ferrari | 1:19.951 | +1.840 | ||
11 | 19 | Mika Salo | Tyrrell-Yamaha | 1:20.000 | +1.889 | ||
12 | 14 | Johnny Herbert | Sauber-Ford | 1:20.144 | +2.033 | ||
13 | 17 | Jos Verstappen | Footwork-Hart | 1:20.157 | +2.046 | ||
14 | 8 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 1:20.167 | +2.056 | ||
15 | 9 | Olivier Panis | Ligier-Mugen-Honda | 1:20.426 | +2.315 | ||
16 | 18 | Ukyo Katayama | Tyrrell-Yamaha | 1:20.427 | +2.316 | ||
17 | 16 | Ricardo Rosset | Footwork-Hart | 1:20.440 | +2.329 | ||
18 | 20 | Pedro Lamy | Minardi-Ford | 1:21.491 | +3.380 | ||
19 | 22 | Luca Badoer | Forti-Ford | 1:23.174 | +5.063 | ||
20 | 23 | Andrea Montermini | Forti-Ford | 1:23.454 | +5.343 | ||
107% tempo: 1:23.579 | |||||||
21 | 21 | Tarso Marques | Minardi-Ford | Sen tempo | |||
22 | 10 | Pedro Diniz | Ligier-Mugen-Honda | Sen tempo |
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Damon Hill | Williams-Renault | 71 | 1:49:52.976 | 1 | 10 |
2 | 3 | Jean Alesi | Benetton-Renault | 71 | +17.982 | 5 | 6 |
3 | 1 | Michael Schumacher | Ferrari | 70 | +1 volta | 4 | 4 |
4 | 7 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 70 | +1 volta | 7 | 3 |
5 | 19 | Mika Salo | Tyrrell-Yamaha | 70 | +1 volta | 11 | 2 |
6 | 9 | Olivier Panis | Ligier-Mugen-Honda | 70 | +1 volta | 15 | 1 |
7 | 2 | Eddie Irvine | Ferrari | 70 | +1 volta | 10 | |
8 | 10 | Pedro Diniz | Ligier-Mugen-Honda | 69 | +2 voltas | 22 | |
9 | 18 | Ukyo Katayama | Tyrrell-Yamaha | 69 | +2 voltas | 16 | |
10 | 20 | Pedro Lamy | Minardi-Ford | 68 | +3 voltas | 18 | |
11 | 22 | Luca Badoer | Forti-Ford | 67 | +4 voltas | 19 | |
12 | 12 | Martin Brundle | Jordan-Peugeot | 64 | Trompo | 6 | |
Ret | 11 | Rubens Barrichello | Jordan-Peugeot | 59 | Trompo | 2 | |
Ret | 15 | Heinz-Harald Frentzen | Sauber-Ford | 36 | Motor | 9 | |
Ret | 8 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 29 | Trompo | 14 | |
Ret | 14 | Johnny Herbert | Sauber-Ford | 28 | Motor | 12 | |
Ret | 6 | Jacques Villeneuve | Williams-Renault | 26 | Trompo | 3 | |
Ret | 4 | Gerhard Berger | Benetton-Renault | 26 | Hidráulica | 8 | |
Ret | 23 | Andrea Montermini | Forti-Ford | 26 | Trompo | 20 | |
Ret | 16 | Ricardo Rosset | Footwork-Hart | 24 | Trompo | 17 | |
Ret | 17 | Jos Verstappen | Footwork-Hart | 19 | Motor | 13 | |
Ret | 21 | Tarso Marques | Minardi-Ford | 0 | Trompo | 21 | |
Fonte:[2]
|
|
|
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Brasil de 1996 |
Carreira anterior: Gran Premio de Australia de 1996 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1996 |
Carreira seguinte: Gran Premio da Arxentina de 1996 |
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1995 |
Gran Premio do Brasil | Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1997 |