Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 8 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015. | ||
Trazado do circuíto de Red Bull Ring. | ||
Data | 21 de xuño de 2015 | |
Nome oficial | Fórmula 1 Grosser Preis Von Österreich 2015 | |
Localización | Red Bull Ring, Spielberg, Estiria, Austria | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 4´326 km | |
Distancia | 71 voltas, 307´146 km | |
Clima | Seco | |
Pole position | ||
Piloto | Lewis Hamilton | Mercedes |
Tempo | 1:08.455 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Nico Rosberg | Mercedes |
Tempo | 1:11.2 na volta 36 | |
Podio | ||
Primeiro | Nico Rosberg | Mercedes |
Segundo | Lewis Hamilton | Mercedes |
Terceiro | Felipe Massa | Williams-Mercedes |
O Gran Premio de Austria de 2015 (oficialmente Fórmula 1 Grosser Preis von Österreich 2015) foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Red Bull Ring en Spielberg, Austria, o 21 de xuño de 2015. Foi a 8ª carreira da tempada de Fórmula Un de 2015, e o 29º Gran Premio de Austria o segundo que se celebra desde 2003.
O piloto de Mercedes, Lewis Hamilton, comezou desde a pole position, pero foi superado polo seu compañeiro de equipo Nico Rosberg na primeira curva. Rosberg mantivo o liderado durante o resto da carreira, salvo breves períodos durante as paradas en boxes, e gañou por máis de tres segundos sobre Hamilton en segundo lugar. Hamilton tivo cinco segundos de penalización adicional por unha infracción de seguridade, pero mantívose por diante do Williams de Felipe Massa terceiro. O piloto de Ferrari Sebastian Vettel loitou pola terceira posición durante gran parte da primeira metade da carreira, pero a perda de tempo debido a unha porca atascada da roda durante a súa parada en boxes, deixouno no cuarto lugar, por detrás de Massa. Os ex campións do mundo Kimi Raikkonen e Fernando Alonso foron eliminados na primeira volta, logo de que Raikkonen perdera o control do seu Ferrari na segunda curva e chocou con Alonso. Os dous remataron contra a barreira de seguridade, co McLaren de Alonso enriba do Ferrari.
Con só nove curvas, a menor cantidade no calendario da Fórmula Un, o circuíto ofrece moi poucas seccións de baixa velocidade e dá aos equipos a oportunidade de espremer ás súas unidades de enerxía todo o seu potencial. Varios equipos presentaron novas versións das unidades de potencia e chasis debido á natureza do circuíto, incluíndo Force India,[1] McLaren,[2] e posiblemente Ferrari.[3]
Como no evento do ano anterior, e por terceira carreira consecutiva, o pneumático de composto brando e bandas de cor amarela foi a selección prime mentres que o composto super brando con bandas vermellas foi a selección option. Pirelli tamén forneceu dous compostos de choiva: o composto intermedio con bandas verdes e o composto de mollado con bandas azuis.[4]
De acordo co regulamento da tempada de Fórmula Un de 2015, celébranse tres sesións de prácticas, dúas sesións de hora e media o venres e outra sesión dunha hora antes da cualificación do sábado.[5] Na primeira sesión, os dous pilotos de Mercedes foron os máis rápidos, con Nico Rosberg tres décimas de segundo máis rápido que o seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton. O Ferrari de Kimi Räikkönen foi o único coche que quedou a menos dun segundo da Mercedes. O outro Ferrari de Sebastian Vettel estableceu un tempo de volta máis lenta, un problema no cambio impedíalle conducir máis de catro voltas. O McLaren de Fernando Alonso sufriu problemas na caixa de cambios, pero o español foi capaz de volver á pista para a última parte da sesión.[6]
Logo dos seus problemas na primeira sesión, Vettel foi o máis rápido na segunda sesión da tarde do venres. Nico Rosberg foi segundo, ao redor dunha décima de segundo por detrás, pero non puido facer ningunha volta cronometrada nos últimos vinte minutos, xa que o seu coche perdía valvuliña da caixa de cambios. Mentres tanto Lewis Hamilton loitou cos pneumáticos super brandos, polo que logo de varios erros quedou quinto. Os dous Lotus quedaron entre os dez primeiros, con Pastor Maldonado e Romain Grosjean cuarto e sétimo, respectivamente. Max Verstappen no Toro Rosso foi o coche con motor Renault máis rápido en oitava posición, mentres que os McLaren unha vez máis tiveron que pararse antes de tempo.[7] O equipo trouxera un novo paquete aerodinámico para Spielberg, que foi probado por Alonso nos adestramentos libres, que o describiu como "unha mellora do coche".[8]
Vettel volveu ser o máis rápido na terceira práctica o sábado pola mañá, pouco por diante do Mercedes de Hamilton. Antes de que todos os pilotos puideran establecer un tempo coa pneumáticos super brandos, Fernando Alonso, quedou parado na recta de saída e sacaron unha bandeira vermella, detendo a sesión. Cando reiniciouse a práctica, a choiva comezara a caer, a prevención dos pilotos impediulles mellorar os seus tempos. Só Sergio Pérez logrou establecer un tempo máis rápido, terminando cuarto na sesión.[9]
Ao comezo da carreira, Rosberg superou ao seu compañeiro de equipo Hamilton no liderado ao entrar na primeira curva. Ao saír da curva seguinte, Kimi Räikkönen foi sorprendido polo derrapaxe dos seus pneumáticos máis duro e deslizouse pola parte exterior da pista, chocando contra o McLaren de Fernando Alonso, que quedou subido na parte superior do Ferrari. Ambos pilotos foron capaces de saír ilesos do incidente.[10][11] A colisión provocou a saída do coche de seguridade. Ao final da volta, Max Verstappen fixo unha parada en boxes para substituír un alerón dianteiro danado, mentres que Will Stevens retirouse da carreira cunha fuga de aceite.[12] Cando o coche de seguridade volveu entrar en boxes ao final da sexta volta, Rosberg foi capaz de defender a súa vantaxe con Hamilton e rapidamente abriu unha brecha, sacándoo 2´3 segundos na volta once. A volta doce viu a retirada do segundo McLaren de Jenson Button cun fallo no sensor do sistema de admisión.[13]
Na volta 16, Valtteri Bottas recuperou a sexta posición de Max Verstappen, lugar que perdera na saída, mentres que por diante Hamilton comezou a pechar a brecha de Rosberg. Pero o alemán, reaccionou e ampliou a súa vantaxe de novo a catro segundos na volta 27. Mentres tanto, Bottas pasou ao último gañador de Le Mans Nico Hülkenberg polo quinto posto na volta 26, pero unha temperá parada en boxes puxo de novo ao alemán diante do Williams. Por exceso de velocidade no pit lane, Carlos Sainz Jr. foi sancionado con cinco segundos de penalización, que non se aplicou logo de que o español retirárase na volta 34 debido a un problema técnico.[14] Antes das paradas en boxes dos primeiros clasificados, Lewis Hamilton reducira a súa desvantaxe a só 2´2 segundos na volta 32. Cando Rosberg entrou unha volta máis tarde, Hamilton liderou a carreira. Polo tanto liderou polo menos unha volta en dezasete carreiras consecutivas, Hamilton igualou unha marca de 45 anos de antigüidade establecido por Jackie Stewart, que había liderado polo menos unha volta entre o Gran Premio dos Estados Unidos de 1968 e o Gran Premio de Bélxica de 1970.[15][16]
Hamilton entrou en boxes na volta 35, saíndo por detrás do seu compañeiro de equipo, no proceso pasou sobre a liña branca da saída de boxes. Isto deulle unha penalización de cinco segundos, tempo que se engadiu ao seu tempo de chegada. Sebastian Vettel entrou dúas voltas máis tarde, pero estivo parado durante máis de 13 segundos debido a un problema co Wheelnut do seu pneumático traseiro dereito e saíu detrás de Felipe Massa no cuarto lugar. Mentres tanto, Romain Grosjean retirouse con problemas na caixa de cambios. Vettel pechaba a brecha con Massa na última posición do podio, pero finalmente foi incapaz de pasar ao brasileiro, entregando a Massa o seu primeiro podio en 2015. Cara ao final da carreira, Pastor Maldonado loitou con Max Verstappen polo sétimo lugar. Na recta de meta, Maldonado case perdeu a parte traseira do seu coche cando saía do ronsel do Toro Rosso, mentres que Verstappen saíuse na curva un, deixando a posición ao piloto de Lotus.[17] Rosberg, que se queixou de vibracións nos seus pneumáticos dianteiros durante as últimas voltas, cruzou a meta tres segundo por diante do seu compañeiro de equipo Hamilton, logrando a súa terceira vitoria da tempada e a segunda consecutiva en Spielberg, reducindo a súa brecha no campionato a dez puntos.[10]
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:12.218 | 1:09.062 | 1:08.455 | 1 |
2 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:10.976 | 1:08.634 | 1:08.655 | 2 |
3 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:11.184 | 1:09.932 | 1:08.810 | 3 |
4 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:11.830 | 1:09:719 | 1:09.192 | 4 |
5 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:11.319 | 1:09.904 | 1:09.278 | 5 |
6 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:11.894 | 1:09.598 | 1:09.319 | 6 |
7 | 33 | Max Verstappen | Toro Rosso-Renault | 1:11.307 | 1:09.631 | 1:09.612 | 7 |
8 | 26 | Daniil Kvyat | Red Bull-Renault | 1:12.092 | 1:10.187 | 1:09.694 | 15[18] |
9 | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 1:12.001 | 1:09.652 | 1:09.713 | 8 |
10 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Mercedes | 1:11.821 | 1:09.920 | sen tempo | 9 |
11 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Mercedes | 1:11.661 | 1:10.374 | 10 | |
12 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:12.388 | 1:10.426 | 11 | |
13 | 55 | Carlos Sainz Jr. | Toro Rosso-Renault | 1:11.158 | 1:10.465 | 12 | |
14 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 1:11.973 | 1:10.482 | 18[19] | |
15 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1:12.508 | 1:10.736 | 19[20] | |
16 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:12.522 | 13 | ||
17 | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | 1:12.632 | 20[21] | ||
18 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:12.867 | 14 | ||
19 | 98 | Roberto Merhi | Marussia-Ferrari | 1:14.071 | 16 | ||
20 | 28 | Will Stevens | Marussia-Ferrari | 1:15.368 | 17 | ||
107% tempo: 1:15.994 | |||||||
Fonte:[22] |
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 71 | 1:30:16.930 | 2 | 25 |
2 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 71 | +8.800[23] | 1 | 18 |
3 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 71 | +17.573 | 4 | 15 |
4 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 71 | +18.181 | 3 | 12 |
5 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 71 | +53.604 | 6 | 10 |
6 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 71 | +1:04.075 | 5 | 8 |
7 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Mercedes | 70 | +1 volta | 10 | 6 |
8 | 33 | Max Verstappen | Toro Rosso-Renault | 70 | +1 volta | 7 | 4 |
9 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 70 | +1 volta | 13 | 2 |
10 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 70 | +1 volta | 18 | 1 |
11 | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 70 | +1 volta | 8 | |
12 | 26 | Daniil Kvyat | Red Bull-Renault | 70 | +1 volta | 15 | |
13 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 69 | +2 voltas | 11 | |
14 | 98 | Roberto Merhi | Marussia-Ferrari | 68 | +3 voltas | 16 | |
Ret | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Mercedes | 34 | Caixa de cambios | 9 | |
Ret | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso-Renault | 34 | Perdida de potencia | 12 | |
Ret | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | 7 | Fallo eléctrico[13] | 20 | |
Ret | 28 | Will Stevens | Marussia-Ferrari | 0 | Fuga aceite | 17 | |
Ret | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 0 | Colisión | 14 | |
Ret | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 0 | Colisión | 19 | |
Fonte:[24] |
|
|
Como parte do programa do Gran Premio, celebrouse un Desfile de Lendas antes da carreira, cun grupo de oito pilotos de Fórmula Un da década de 1980 presentando varios coches, na súa maioría da primeira era do turbo na Fórmula Un. Participaron o piloto local Gerhard Berger ( 1988 Ferrari F1 / 87 / 88C), os ex compañeiros do equipo McLaren Niki Lauda ( 1984 McLaren MP4/2) e Alain Prost ( 1986 McLaren MP4/2B), Nelson Piquet ( 1983 Brabham BT52), Jean Alesi ( 1995 Sauber C14), Pierluigi Martini ( 1986 Minardi M186), Riccardo Patrese ( 1984 Renault RE50) e Christian Danner ( 1987 Zakspeed 871).[25][26][27]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Austria de 2015 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 2015 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2015 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 2015 |
Carreira anterior: Gran Premio de Austria de 2014 |
Gran Premio de Austria | Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 2016 |