Fina Calleja
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactriz
editar datos en Wikidata ]

Fina Calleja é unha actriz galega de teatro e televisión.

Traxectoria

Estudou na Real Escola de Arte Dramática e Danza de Madrid, e é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. Durante anos combinou a actividade escénica con diversos traballos nos medios de comunicación. É membro da compañía Sarabela Teatro desde 1998. Dirixiu o seu interese cara ao mundo da interpretación e as áreas de voz e dramaturxia. É actriz e docente na aula de Teatro Universitaria de Ourense, e asume, no marco de Sarabela Teatro, as responsabilidades de distribuidora e produtora artística.[1]

Recibiu o premio María Casares ao mellor texto adaptado polas versións teatrais de O lapis do carpinteiro e Segismunda, compartido con Ánxeles Cuña Bóveda e Begoña Muñoz. Interveu como actriz en varias series de televisión e creou e dirixiu Cristóbal e o libro das marabillas, espectáculo infantil de Sarabela Teatro.[1]

Teatro

Con Sarabela

Ademais

Televisión

Cine

Notas

  1. 1,0 1,1 "FINA CALLEJA". Sarabela Teatro. Consultado o 2023-09-21. 
  2. "Sarabela leva Sechu Sende ao teatro". Nós Diario. 2023-09-15. Consultado o 2023-09-16. 
  3. "Fina Calleja lleva al teatro a la niña que fue Rosalía: "Intrépida, imaginativa y creativa"". Faro de Vigo (en castelán). Ourense. 2020-01-22. Consultado o 2023-09-21. 
  4. "Fina Calleja: "Abordamos a figura de Rosalía con atrevemento"". Nós Diario. 2020-02-22. Consultado o 2023-09-21. 
  5. "Fina Calleja: “Castelao tamén foi neno e esta obra conecta á cativada con seu ideario"". La Región. 2023-03-28. Consultado o 2023-09-21.