Felis nigripes Gato de patas negras | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Felis nigripes no zoo de Wuppertal | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Felis nigripes Burchell, 1824 | |||||||||||||||||||||||
Mapa de distribución do gato de patas negras
| |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
|
Felis nigripes é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos e tribo dos felininos, pertencente ao xénero Felis.[1][2][3]
É un pequeno felino que vive no suroeste de África, concretamente en Botswana, Namibia e a República Surafricana.[1][2]
É solitario e non se habitúa ben a condicións de catividade. Emite uns ruxidos roucos similares aos do león, pero de menor potencia. Esta cualidae é común nos felinos que viven en paraxes de grandes espazos descubertos, como o gato das areas, o Otocolobus manul, o león e, en menor medida, o gato salvaxe africano, e que precisan facer chegar os seus seus gritos o máis lonxe posíbel.
A especie foi descrita en 1824 polo naturalista e explorador británico William John Burchell, en Travels Interior of Southern Africa, 2: 592.[2]
Para o xénero, véxase Felis.
O epíteto específico, nigripes, é un termo do latín científico formado pola raíz nigri-, do adxectivo latino niger, -gra, -grum, 'negro' e o elemento -pes, do substantivo latino pēs, pedis, 'pata de animal', en alusión á cor os seus pés.
Dentro desta especie recoñécense as seguintes dúas subespecies:[2][3]
O Felis nigripes é unha das especies de felinos máis pequenos que existen. Os machos adultos pesan entre 1,9 kg e un máximo de 2,45 kg. As femias adultas pesan entre 1,3 kg e un máximo de 1,65 kg.[4] Os machos acadan unha lonxitude de entre 36,7 a 43,3 cm e as súas colas de entre 16,4 a 19,8 cm de longo. As femias son máis pequenas cunha lonxitude total de 36,9 cm e colas de 12,6 a 17,0 cm de longo.[5][6]
Soamente as almofadas e as partes inferiores das patas son de cor negra, o que lle dá ao gato o seu nome. A pelaxe varía entre a cor canela e marrón avermellada, e posúe manchas negras ou marróns que se fusionan para formar aneis nas patas, pescozo e cola. Porén, a pel é de cor rosa sen pigmentar, a diferenza da doutros gatos manchados.[7]
O gato de pés negro vive en zonas secas como sabanas, pasteiros e zonas semidesérticas con arbustos e árbores, en altitudes de até os 2000 m.[1]
Endémico da África austral, habita en zonas secas,[8] por onde está amplamente distríbuido, pero con pouca densidade de poboación.[Cómpre referencia] A súa área de distribución abarca desde o sur de Angola e o norte de Botswana, polo norte, até a antiga provincia do Cabo, en Suráfrica, polo sur, comprendendo case toda Botswana e Namibia.[9]
É un animal solitario e nocturno, difícil de ver, e aínda máis difícil de capturar debido ao seu reducido tamaño, aos seus costumes nocturnos e á súa propensión a vivir escondido, xa que pasa a maior parte do día no fondo dun tobo, onde se protexe da calor. Pasa o día descansando e sae a cazar despois da posta do sol.[10]
Debido ao seu pequeno tamaño, estes gatos cazan principalmente pequenas presas, como roedores e aves pequenas, aínda que tamén son capaces de cazar avutardas e lebres do Cabo, estas últimas máis pesadas ca el. Os insectos e as arañas reprenentan menos do 1 % da masa das presas consumidas.[11][12] Son cazadores moi activos, chegando a matar até catorce pequenos animais nunha noite.
Os Felis nigripes viven até 10 anos en cativerio. As femias acadan a madureza sexual aos 8 ou 12 meses. A súa época de apareamento dura só un ou dous días, e adoitan aparearse durante unhas horas, o que require localizar a machos rapidamente. Durante este período, a cópula repiítese con frecuencia. A xestación dura 63 a 68 días. Unha camada componse polo xeral de dúas crías, pero pode variar dunha a catro. Os cachorros pesan entre 60 e 84 g ao nacer cegos e indefensos aínda que son quen de arrastrarse despois dunhas poucas horas. Poden camiñar pasadas dúas semanas e comenzan a inxerir alimentos sólidos despois dun mes.[13]
As femias poden ter até dúas camadas durante a primavera, verán e outono e edúcannos en tobeiras, movéndoos a novas localizacións regularmente despois da primeira semana. En xeral, as crías desenvólvense máis axiña que outros gatos dun tamaño semellante para adaptarse rapidamente a unha contorna relativamente hostil. Adoitan independizarse aos cinco meses de idade aínda que poden permanecer dentro do alcance da súa nai.[14]
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Felis nigripes |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Felis nigripes |