Felis Rango fósil: mioceno tardío - actualidade (6,2 - 0 Ma) | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gato montés (Felis silvestris) | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Área de dispersión do xénero Felis
| |||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||
|
Felis é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, e tribo dos felininos.[1]
Son gatos de pequeno a mediano tamaño propios da maior parte de África, ao sur dos 60° de latitude, e de Europa e Asia en Indochina. O xénero inclúe o gato doméstico. A especie de Felis máis pequena é o gato de patas negras, cunha lonxitude de cabeza e tronco de 38 a 42 cm. O maior é o gato da xungla, cunha lonxitude de cabeza e tronco de 62 a 76 cm.[2]
Trátase de gatos de pequeno ou mediano tamaño, con longas colas, adaptados á caza de pequenos animais, como roedores, pequenas aves e lagartos, dependendo das zonas onde viven, que son propios da maior parte de África e, ao sur dos 60° de latitude, de Europa e Asia até Indochina.[2]
Tradicionalmente o xénero incluía a todas as especies dos felinos viventes, pero na actualidade restrínxese a cinco especies (ou sete, suguno os autores), entre as que se inclúe o gato montés (Felis silvestris), que habita gran parte de Eurasia e África. O coñecido como gato doméstico (Felis silvestris catus) é unha subespecie desta última. A introdución polo home deste gato fixo que sexa común nas paisaxes urbanas de todo o mundo.
A especie máis pequena do xénero Felis é o gato de patas negras (Felis nogripes), que mide de 38 a 42 cm de lonxitude de cabeza e tronco, e a máis grande é o gato da xungla (Felis chaus), cunha lonxitude de cabeza e tronco de 62 a 76 cm.[2]
As especies de Felis viven nunha ampla gama de hábitats diferentes, desde pantanos até desertos.
Estudos xenéticos recentes indican que dúas especies até hai pocuco incluídas no xénero Felis, Otocolobus e Prionailurus, diverxeron do seu antepasado euroasiático hai ao redor de 6,2 millóns de anos, e que o xénero Felis separouse hai de 3,04 a 0,99 millóns de anos.[3][4]
O xénero Felis fois descrito en 1758 por Linnaeus, no volome 1, páxina 41, da 10ª edición do seu Systema Naturae.[1][5]
O nome científico do xénero, Felis, tomouno Linneo do latín fēlis, -is, 'gato'.[6]
Ademais de polo nome linneano, e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[1]
Na actualidade a maioría dos autores recoñen as seguintes sete especies no xénero:[1][5]
Porén, a UICN consideres a Felis catus como unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris catus).[7]
Por outra parte, investigacións recentes demostraron que Felis manul, estreitamente relacionado cos xéneros Felis e Prionailurus, debía reclasificarse no abandonado antigo xénero Otocolobus, como Otocolobus manul.[8]
A taxonomía desta especie aínda é moi discutida. Por exemplo, segundo os autores, o gato doméstico e o gato de Biet poden ser subespecies de Felis silvestris ou seren espceis separadas.
A especie Felis silvestris iuncluso pode comprender até vinte subespecies,[1][9] mentres que outros autores non recoñencen máis que dúas sobespecie salvaxes (Felis silvestris silvestris e Felis silvestris lybica).[10]
Porén, un estudo publicado en 2007 postula a reagrupación destas múltiplas divisións en seis subespeces ben diferenciadas.[11]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Filoxenia: A liñaxe Felis, segundo Mattern e McLennan (2000).[12] |
Na actualidade, son recoñecidas por diversas orgnizacións científicas, tales como a UICN ou o NCBI, as seguintes subespecies:
Porén, o status de certas subespecies aínda está a debate, particularmente para Felis silvestris bieti, para a que se deben realizar estudos adicionais (especialmente estudos xenéticos). Felis silvestris lybica tamén se considera por moitos monofilética con Felis silvestris catus. Esta última, o gato doméstico, así mesmo adoita ser marxinada, quizais porque non é unha subespecie natural, pero deben terse en conta os fenómenos de hibridación, introgresión e contaminación xenética para o progreso da xenómica destas especies.
Linneo consideraba que Felis comprendía todas as especies de gatos. Taxónomos posteriores dividiron a familia dos félidos en diferentes xéneros. En 1917 o zoólogo briánico Reginald Innes Pocock revisou o xénero Felis que, segundo este autor, comprende unicamente:[2]
Imaxe | Nome | Distribución |
---|---|---|
Gato doméstico F. silvestris catus (Linnaeus, 1758) | Todo o mundo (domesticado) | |
Gato da xungla F. chaus (Güldenstädt, 1776)[13][14] | Exipto, Oriente Medio, Subcontinete Indio, Asia Central e Sueste Asiático, Sri Lanka e sur da China | |
Gato montés F. silvestris (Schreber, 1777) | Europa | |
Gato montés africano F. silvestris lybica (Forster, 1780) | África, Asia Central até a India, oeste da China e Mongolia | |
Gato de patas negras F. nigripes (Burchell, 1824) | Suráfrica, Namibia, marginalmente en Zimbabue | |
Gato das areas F. margarita (Loche, 1858) | Norte de África e Asia central e suroccidental | |
Gato montés chinés F. bieti (Milne-Edwards, 1892) | Meseta tibetana |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Felis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Felis |